Antonio Filgueira Vieites

anarquista e sindicalista galego

Antonio Filgueira Vieites, nado en Ferrol o 25 de xullo de 1871 e finado no mesmo concello o 2 de decembro de 1937, foi un pintor anarquista e sindicalista galego.

Infotaula de personaAntonio Filgueira Vieites
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1871 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dun canteiro de Tállara. Foi conserxe da casa de socorro de Ferrol. Entre 1902 e 1905 estivo emigrado en Río de Xaneiro e en 1908 estivo en Buenos Aires. Retornou a Ferrol en 1909, participou en varios mitins de protesta na Coruña e Ferrol, en decembro foi detido pola rotura dunha urna nas eleccións municipais e ao ano seguinte procesado por desorde pública. Saíu da cadea e foi novamente procesado na causa por atentado, e despois por delito contra a Constitución. Emigrou a Cuba e en xuño de 1911 participou nun mitin no Centro Gallego da Habana, pola folga da rede de sumidoiros, xunto a Severino Chacón.[1] Foi expulsado de Cuba con Severino Chacón o 20 de agosto de 1911 e ao chegar a Ferrol foi encarcerado por estar reclamado polos tribunais e en rebeldía. Novamente no Brasil, militou na anarcosindicalista Confederaçao Operária Brasileira (COB) e foi preso en agosto de 1912 como dirixente da folga dos Docks de Santos. Foi expulsado cara a Europa sen formación de causa, mais retornou a Brasil por levar máis de dez anos no país. En xaneiro de 1913 partiu para Europa como delegado da COB para protestar contra a emigración ao Brasil, coa intención de facer conferencias en España e Portugal.

En setembro de 1913 era director do periódico La Tralla, e sostivo unha pelexa con Francisco Pérez, director do xornal El Obrero. Procesado polo delito de lesións, foi condenado en febreiro de 1914 e novamente procesado polo delito de inxurias, foi condenado en xaneiro de 1915. Foi redactor do xornal santista A Revolta. En febreiro de 1915 participou nun mitin contra a guerra no Teatro Romea de Ferrol. Foi un dos asinantes dunha protesta en nome da Comisión Organizadora do Congreso da Paz de Ferrol pola suspensión do mesmo e a expulsión dos delegados estranxeiros. Representou no Congreso da Paz á Confederaçao Operária Brasileira. En agosto de 1915 convocou en nome da COB o Congreso da Paz de Río de Xaneiro onde representou ao Sindicato de Oficios Varios e foi o encargado de abrir a primeira sesión. En xaneiro de 1917 foi sobresida a causa que se lle seguiu por calumnias e inxurias á autoridade por medio da imprenta. Detido en xullo dese ano por repartimento de follas clandestinas en Ferrol, nas que se recomendaba aos soldados que non dispararan contra os seus irmáns, asinadas por Marcelino Domingo; foi posto en liberdade baixo fianza. Procesado polo xulgado militar do Rexemento de Infantaría de Zamora, foi condenado en outubro de 1918 a seis meses de cárcere polas palabras ofensivas diante do Consello de Guerra que o xulgaba por outro delito do que foi absolto. En 1919 foi procesado por un artigo publicado por El Obrero co título “No más farándulas políticas” e en decembro dese ano deu unha conferencia co título “Socialismo, sindicalismo y anarquismo” no Ateneo Obrero Sindicalista. Marchou á Habana en setembro de 1920. Retornado, foi procesado por desacato en maio e novembro de 1923 e detido en maio de 1924 por orde do capitán xeneral da rexión, acusado de inxurias ao directorio nun xornal cubano. En 1933 foi un dos relatores do Congreso Agrario Regional Gallego.[2]

Vida persoal editar

Casou con Laura Durrutia Muíños e foi pai de Electra, Germinal e Libertad Filgueira Durrutia.

Notas editar

  1. A emigración galega e o sindicalismo cubano: a folga nas obras de saneamento de La Habana en 1911. Ferrol: Ateneo Ferrolán, 2015.
  2. El Obrero, 18-2-1933, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar