Antonio Ferreira López

político galego

Antonio Ferreira López, nado en Lobios 22 de marzo de 1944[1], é un político galego do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaAntonio Ferreira López
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Lobios, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estivo emigrado en Francia[2]. Xa retornado, nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Lobios e foi elixido alcalde grazas ao apoio de ADEI, CPG e CDS. Porén, a ruptura do pacto de goberno conduciu a unha moción de censura en novembro de 1990 na que os seus anteriores socios apoiaron como alcalde ao concelleiro de Centristas de Galicia Leandro Rodríguez[3]. Nas municipais de 1991 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Durante o seu mandato iniciouse o proxecto do Museo Numismático de Lobios.

Nas municipais de 1995 perdeu a alcaldía tras logra-lo PPdeG a maioría absoluta. Volveu encabeza-la candidatura do PSdeG nas municipais de 1999 mais non logrou recupera-la alcaldía, permanecendo como portavoz do grupo socialista na oposición ata o final do mandato en 2003, tralo cal se retirou da primeira liña política.


Predecesor:
Antonio Veloso González
  
Alcalde de Lobios
 
1987 - 1990
Sucesor:
Leandro Rodríguez Rodríguez
Predecesor:
Leandro Rodríguez Rodríguez
  
Alcalde de Lobios
 
1991 - 1995
Sucesor:
Benito Vázquez Vázquez

Notas editar

  1. Hoy cumplen años
  2. La Voz de Galicia, 6-11-1990, p.36.
  3. La Voz de Galicia, 4-11-1990, p.26.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar