Antonio Domínguez Lamela

empresario e político galego

Antonio Domínguez Lamela, finado en Palma Soriano (Cuba) o 23 de decembro de 1954,[1] foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaAntonio Domínguez Lamela
Biografía
Morte23 de decembro de 1954 Editar o valor em Wikidata
Palma Soriano, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba, onde foi director e propietario da Central Eléctrica de Palma Soriano. Retornou a Coruña en 1924 e foi promotor urbanístico. Era o propietario do edificio das oficinas da Electra Popular Coruñesa, da que foi vogal do consello de Administración.[2] Foi vicepresidente da xunta directiva da Cámara Oficial da Propiedade Urbana en marzo de 1936.[3] Foi socio do Casino Republicano da Coruña e un dos fundadores da Alianza Republicana en maio de 1931, da que formou parte da primeira directiva.[4] Afiliouse a Partido Radical e formou parte da xunta municipal da Coruña dende 1931.[5] Foi membro do Consello da Agrupación a la Tercera República en abril de 1933.[6] Integrouse no Partido Republicano Radical-Demócrata constituído en xuño de 1934 e foi vogal vocal da directiva,[7] e en agosto de 1935 pasou a ser vogal da directiva de Unión Republicana.[8] Afiliouse á masonería en Cuba e ao retorno exerceu de Segundo Venerable e vicepresidente da loxa Pensamiento y Acción. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de masón e detido pola Policía e a milicia dos Caballeros de La Coruña a noite do 24 de agosto, pasando a arresto domiciliario o 29. Fixo unha doazón de 500 pesetas para que o autorizasen a saír de España,[9] pero non foi suficiente. O 7 de outubro foi sancionado con 2.500 pesetas. Nese mes puido exiliarse en Cuba. Sufriu expediente de responsabilidades políticas en 1941 e foi encausado polo Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo.

Vida persoal editar

Casou en Cuba e foi pai de Jaime, Blanca e Dulce María Domínguez Catá.

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-12-1954, p. 8.
  2. El Pueblo Gallego, 11-4-1934, p. 12.
  3. La Voz de Galicia, 29-3-1936, p. 7.
  4. La Voz de Galicia, 12-5-1931, p. 7.
  5. La Voz de Galicia, 9-10-1931, p. 2.
  6. La Voz de Galicia, 2-4-1933, p. 5.
  7. La Voz de Galicia, 19-6-1934, p. 2.
  8. La Voz de Galicia, 17-8-1935, p. 7.
  9. La Voz de Galicia, 13-9-1936, p. 6.