Antonio Correa Fernández

médico, escritor e xornalista galego

Antonio Correa Fernández, nado en Baralla o 3 de abril de 1862 e finado o 18 de setembro de 1907, foi un médico, escritor e xornalista galego e un recoñecido rexionalista.

Modelo:BiografíaAntonio Correa Fernández
Biografía
Nacemento3 de abril de 1862 Editar o valor en Wikidata
Baralla, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de setembro de 1907 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAsunción Correa Calderón, Evaristo Correa Calderón, Juan Antonio Correa Calderón Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1142441 BUSC: correa-fernandez-antonio-1862-1907

Traxectoria

editar

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1888. Conseguiu o título de doutor en Madrid en 1889, coa tese "Hospitalización de los tísicos o tuberculosos pulmonares" que publicou en libro o ano seguinte. Despois pasou a exercer na súa vila e máis tarde a Lugo, onde foi o primeiro médico en abrir consulta xinecolóxica.[1]

Colaborou nos xornais El Lucense e despois en La Idea Moderna e El Regional. En 1900 fundou e dirixiu o semanario El Monitor de Becerreá. Tamén colaborou en El Siglo Médico e El Diario Médico-Farmacéutico.

Foi académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Barcelona e da Real Academia de Medicina de Madrid. Foi fundador[2] e un gran propagandista do balneario de Guitiriz, onde chegou a ser xerente.[1]

Casado con Filomena Calderón López, foi o pai de Asunción, Juan Antonio e Evaristo Correa Calderón.

Narrativa

editar
  • Los contrastes de la vida, 1887 (publicada por entregas no xornal El Lucense).

Ensaio

editar
  • Hospitalización de los tísicos o tuberculosos pulmonares (1890). Lugo: Impr. J.M. Bravos.
  • Ensayo de topografía médica de la provincia de Lugo (1891). Lugo: Impr. de El Regional.
  • Estudio médico de los Insectos nocivos al hombre (1894). Lugo: Impr. J.M. Bravos.
  • Los pecados y vicios capitales en el concepto médico, social y religioso (1898). Lugo: Establecimiento tipográfico de G. Castro.
  • Tratamiento a que deben someterse los delincuentes.
  • El trabajo y la salud. Influencia recíproca de estos factores en la duración de la vida humana (1907). Lugo: Tip. J.A. Menéndez. 
  • Minas de la provincia y ferrocarriles más económicos para su explotación, 1900.
  • Historia fin de siglo, 1902.
  • La poesía popular en Galicia. Colección de cantares en variedad de metros, 1907 (publicado como folletín en La Idea Moderna).
  1. 1,0 1,1 Pardo de Neyra, Xulio. "Evaristo Correa Calderón". Consello da Cultura Galega. Álbum das Irmandades da Fala. Consultado o 24-10-2017. 
  2. Fraga Vázquez, Xosé A. (2013). "Antonio Correa Fernández". Álbum da Ciencia. Consello da Cultura Galega. Consultado o 24-10-2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar