Antonio Concheiro Coello
farmacéutico e político galego
Antonio Concheiro Coello, nado en Ordes o 23 de xullo de 1962, é un farmacéutico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1962 (62 anos) Ordes, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , farmacéutico |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Gonzalo Concheiro e Ángel Concheiro Coello |
Traxectoria
editarFillo de Antonio Concheiro Carro e neto de Antonio Concheiro Iglesias. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Militante do Partido Popular de Galicia, foi concelleiro de Ordes (1987-1989) e parlamentario galego na III, IV e V lexislaturas (1991, 1995-2004) pola provincia da Coruña.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 268.