Antonio Barbeito Pérez

político galego

Antonio Barbeito Pérez, nado en Ponteareas, foi un político galego.

Infotaula de personaAntonio Barbeito Pérez
Biografía
NacementoPonteareas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrante en Buenos Aires. Retornou á súa parroquia de Guillade na República. Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo do Frente Popular foi nomeado concelleiro de Ponteareas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Galicia e, en 1939, atopábase en Barcelona. Recibiu axudas de Buenos Aires para poder sobrevivir e marchou a Arxentina o 5 de xuño de 1939.[1] En 1945 estaba exiliado en Buenos Aires. Nos anos sesenta regresou a Guillade.[2]

Notas editar

  1. Ficha nas Brigadas Internacionais
  2. El Pueblo Gallego, 11-6-1965, p. 16.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar