Antonio Ares Abelleira

enlace da guerrilla antifranquista galega

Antonio Ares Abelleira, Toñito, nado en Pontedeume en 1915 e finado en Serantes (Ferrol) o 22 de maio de 2007,[1] foi un loitador antifranquista galego.

Infotaula de personaAntonio Ares Abelleira
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de maio de 2007 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Serantes, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Viviu en Ferrol dende os tres anos. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi enrolado no exército. Ao remate da guerra foi o responsable da reconstrución clandestina do PCE en Ferrol. Foi detido nunha redada, encarcerado e indultado aos dous anos. Tres meses despois converteuse no responsábel de axitación e propaganda da Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD), e proporcionáballes comida e apoio loxístico aos guerrilleiros. Foi detido en 1950 por facilitar víveres, informar aos guerrilleiros e repartir propaganda clandestina proporcionada por Antonio Veiga Mejuto. Xulgado en consello de guerra en Ferrol o 18 de marzo de 1952 con outros 42 enlaces da guerrilla,[2] foi condenado a sete anos. [3] Nas eleccións xerais de 1982 foi candidato ao Congreso polo Partido Comunista Obrero Español. [4]

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, Ferrol, 23-5-2007, p. 50.
  2. "Cuarenta y tres paisanos acusados de ayuda a los bandoleros", La Voz de Galicia, 19-3-1952, p. 5.
  3. Morreu Toñito Ares Abelleira
  4. La Voz de Galicia, 20-9-1982, p. 58.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar