Antonio Alejandre Ramos

político galego

Antonio Alejandre Ramos, nado en Vilagarcía de Arousa o 30 de abril de 1915 e finado en Xirona en agosto de 2017, foi un político galego.

Infotaula de personaAntonio Alejandre Ramos
Biografía
Nacemento30 de abril de 1915 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morteagosto de 2017 Editar o valor em Wikidata (102 anos)
Xirona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de caseiros. Na II República traballou nunha empresa de madeiras e estaba afiliado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia de Vilagarcía e fuxiu ao monte cando se impuxeron os sublevados. Agochouse en Vilaxoán con Francisco Budín e xuntos secuestraron dous falanxistas. A Garda Civil e a Falange deron unha batida a comezos de agosto. Catro guerrilleiros caeron abatidos polos seus disparos, o resto espalláronse. Antonio optou por entregarse. Foi xulgado por rebelión en consello de guerra en Pontevedra o 11 de decembro de 1936 con Francisco Muñiz Jueguen e Vicente Montenegro Bouzas.[1] Foi condenado a 20 anos de prisión. Estivo preso en San Simón durante 4 anos.

Notas editar

  1. El Ideal Gallego, 12-12-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar