Antonio Aguiar Monserrat
farmacéutico e político galego
Antonio Aguiar Monserrat, nado na Coruña en 1827 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1905, foi un farmacéutico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1827 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 13 de marzo de 1905 ![]() Vigo, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, político ![]() |
Traxectoria
editarEstudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Foi farmacéutico en Vigo, primeiro na rúa Imperial e despois no Calvario. Tamén foi farmacéutico do Lazareto de San Simón. Militou no Partido Progresista Demócrata e foi elixido deputado a Cortes por Pontevedra nas eleccións de agosto de 1872. Foi concelleiro de Vigo, deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Finou en Vigo o 13 de marzo de 1905.[1][2]
Vida persoal
editarCasou con Josefa de la Morena de la Morena.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 20. ISBN 978-84-8457-448-4.