Anteigrexa
Unha anteigrexa[1] ou elizate é unha localidade ou distrito municipal do País Vasco que ten a súa orixe nas comunidades que se organizaban ao redor dunha igrexa e tiñan como órgano de goberno a asemblea de todos os veciños que se organizaba en concello aberto e celebraba no pórtico ou adro da igrexa parroquial.
A orixe desta organización que ten relevo sociopolítico, baséase nos seguintes elementos:
- Existencia dunha igrexa parroquial.
- Institucionalización pública das reunións celebradas.
En Biscaia esta institución básica consolídase cando se crean as Xuntas Xerais, que son as reunións dos representantes dos diferentes elizate dun determinado territorio. Esta institución gozaba dunha moi ampla autonomía respecto dos órganos de goberno do Señorío. Os foros de 1452 e 1526 non inclúen máis que unha moi reducida normativa con respecto ás autoridades dos elizates.
Organización
editarFormaban parte da denominada Tierra Llana e rexíanse, e rexen, polo dereito foral, en contraposición dos foros da vilas e cidades.
A responsabilidade do goberno correspondía á asemblea de veciños que presidía un fiel síndico procurador xeral que adoptaba como representación de autoridade o chuzo ou lanza do elizate.
O fiel exercía o cargo por un período de tempo determinado, normalmente un ano, e representaba ó elizate nas xuntas do meiriñado correspondente.
Os elizates estaban divididos en confrarías que corespondían aos seus barrios. Actualmente en moi poucos sitios mantense esta institución. Un exemplo da súa pervivencia é a anteigrexa de Iurreta.