Antón Mouzo

pintor galego

Antón Mouzo Lavandeira, nado en Vimianzo o 14 de maio de 1957 e finado o 5 de xullo de 2007, foi un pintor galego.

Modelo:BiografíaAntón Mouzo
Biografía
Nacemento14 de maio de 1957 Editar o valor en Wikidata
Vimianzo, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xullo de 2007 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRoberto Mouzo Lavandeiras Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1298654 BUSC: mouzo-anton-1957-2007

Traxectoria

editar

A pintura de Antón Mouzo comezou a empregar cores e formas expresionistas nas súas primeiras teas realizadas con acrílicos. Na década dos oitenta comezou a empregar diferentes materiais en obras de paisaxes e animais, especialmente cabalos. na década dos noventa comeza a empregar as ceras, material co que conseguiría as súas creacións máis rechamantes.

Aos poucos, o cambio de procedemento leva tamén o artista a un troco de formato, o que deu lugar a pezas de maior tamaño e que interviñan no espazo. Tamén é nesta mudanza cando comeza a empregar nas súas composicións pequenas escamas brillantes de mica, extraídas dos penedos da Pasarela, en Vimianzo.

Exposicións e obras

editar
  • En 1990 estivo presente na mostra Revisión dunha década (Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela) .
  • En 1994, unha exposición individual na galería Atlántica.
  • Na colectiva Diálogos co silencio, en San Domingos de Bonaval.
  • Na individual Cos pés na terra (Casa da Parra de Santiago)

Ilustrou tamén unha edición do libro Costa da Morte blues, de Manuel Rivas e colaborou no filme Fisterra de Xavier Villaverde.

Viviu boa parte da súa vida fóra de Galiza. Faleceu a causa dun linfoma de Burkitt.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar