Ankh-Morpork
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Ankh-Morpork é a cidade máis grande das novelas de Mundodisco de Terry Pratchett. Está situada a rentes do Mar Circular (Circle Sea) entre as rexións de Klatch e Lancre, e rodeada dos campos de coles das chairas Sto. A súa poboación fórmana cerca de cen mil almas (repartidas nun millón de corpos). Son dúas cidades separadas por un río, ó Ankh, que está tan cheo de lixo que se pode cruzar andando.
Goberno
editarO dirixente da cidade é chamado Patricio e é escollido de entre os líderes dos diferentes gremios, xeralmente por ser o máis destacado de entre eles. A cidade actualmente está dirixida por un sistema democrático de "un home, un voto"; no cal o home é o patricio e o voto é o seu. O nome do actual patricio é Lord Vetinari, foi o líder do gremio de asasinos da cidade e as súas accións políticas máis notorias foron legalizar e organizar os diferentes gremios criminais da cidade, xa que, segundo o seu punto de vista é inevitable que haxa crime así que polo menos que sexa crime organizado e que pague impostos.
Gremios
editarOs gremios encárganse de regular tódolos aspectos da vida cotiá (incluíndo os aspectos criminais) e poñen un grande interese en que as normas sexan cumpridas castigando eles mesmos a quen non as cumpra. Os gremios máis importantes e poderosos son: o gremio de ladróns mais o de asasinos, ambos teñen unhas cotas "razoables" de mortos e roubos o ano, que no caso de ser superados son castigados. Por exemplo no gremio de ladróns existe a posibilidade de que cada ano un cidadán poida acordar a cantidade de veces que vai ser asaltado, a cantidade de cartos que van ser roubados, a de insultos e a natureza dos golpes,... Despois de cada servizo á vítima dáselle unha factura polos servizos prestados; que sexan criminais non significa que sexan deshonestos.
Outra importante contribución dos gremios é a de evitar que individuos non inscritos ou educados no gremio fagan traballos propios do seu gremio, xa que isto é considerado ilegal, polo que é común que no teito da sede dalgúns gremios os corpos destas persoas sexan usados como viraventos para disuadir estas ideas noutras persoas.
Consello
editarEn caso de catástrofe convocase un Consello, consistente nos xefes dos gremios máis importantes, o Archicanciller da Unseen University(UU) e ós sacerdotes dos principais templos.
The City Watch
editarPor outra parte, a idea de que os gremios controlen ós seus membros deixou obsoleta a idea de Policía, e a The City Watch estará inoperante ata que o capitán e futuro comandante e Duque da cidade se decida a revitalizala.
Unseen University
editarOutra das institucións principais na vida social de Ankh-Morpork é a Unseen University (UU), produtora de magos de gran calibre como Rincewind. A UU é o principal centro de maxia do Discworld, pero compre dicir que dicir que é parte da cidade é case metafórico, xa que existe en varias dimensións á vez.