Anisiano
O Anisiano é unha división da escala temporal xeolóxica, a primeira idade e piso do Triásico medio, segundo terzo do período e sistema Triásico. Esta idade esténdese desde 247,2 até 242 millóns de anos atrás, aproximadamente. O Anisiano sucede o Olenekiano, e última idade e piso do Triásico Inferior, e precede o Ladiniano.
Os primeiros fósiles de dinosauros están datados nesta idade.