O anilingus, anilingua, bico negro ou rimming é unha actividade sexual oral e anal, onde a persoa estimula o ano doutra persoa coa boca (incluíndo beizos, lingua e dentes) e é feito en sexo heterosexual e homosexual para pracer, ou como humillación erótica.

Anilingus

Etimoloxía editar

O termo anilingus vén do latín anus, ano, e o termo lingus, lingua.

Execución editar

 
Debuxo dunha muller facendo un anilingus a outra.

O pracer do anilingus é principalmente só ao principio do acto.[1][2] O ano ten unha concentración relativamente alta de finais nerviosos e pode ser unha zona eróxena, e o receptor pode recibir pracer de estímulo anal externo.

Estudos indican que o anilingus é unha práctica sexual rara entre mulleres homosexuais.

Técnica editar

Anilingus poden implicar unha variedade de técnicas para estimular o ano, incluíndo bicarse ou lamber.

Os anilingus poden ser realizados nunha cantidade de posicións sexuais:

  • O socio pasivo está en gatiñas na posición do can co socio activo que realiza o anilingus por detrás.
  • O socio pasivo está enriba na posición do 69 e o socio activo debaixo para acceder ao ano.

Riscos e prevención editar

 
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Riscos editar

O anilingus ten un grave risco para a saúde, xa que a boca está en contacto directo con posíbeis restos fecais. As enfermidades que poden ser transmitidas por contacto con feces inclúen: enfermidades bacterianas inclúen shigellosis; enfermidades sistémicas víricas inclúen hepatite A, hepatite B, hepatite C, poliomielite, Virus do papiloma humano (HPV) e virus de herpes; os parasitos inclúen parasitos intestinais; e infección de chlamydia de infeccións e inflamacións, gastroenterite, conxuntivite, gonorrea e outras infeccións sexualmente transmitidas.[Cómpre referencia]

Prevención editar

Entre as prácticas de sexo seguras poderíanse incluír lavado completo da rexión anal antes do anilingus para lavar as partículas fecais externas. Unha lavativa tamén podería reducir o risco de contacto fecal directo.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Newman, Felice (2004). The Whole Lesbian Sex Book: A Passionate Guide for All of Us. Cleis Press Inc. p. 174. ISBN 978-1-57344-199-5. 
  2. Taormino, Tristan (2006). The Ultimate Guide to Anal Sex for Women. Cleis Press Inc. p. 92. ISBN 978-1-57344-221-3. 

Véxase tamén editar