Anglicanorum Coetibus

A constitución apostólica Anglicanorum Coetibus do papa Bieito XVI en 2009 foi unha resposta da Santa Sé para as preocupacions e peticións con orixe tanto nas parroquias de uso anglicano da Igrexa Católica como nalgunhas igrexas anglicanas que non pertencían á Comuñón Anglicana ou en sectores anglo-católicos dentro dela, como o movemento Forward in Faith.

Este documento preveu a creación de ordinariatos persoais "erixidos pola Congregación para a Doutrina da Fe dentro dos confíns territoriais dunha determinada Conferencia Episcopal, logo de ter consultado a propia Conferencia".[1] Os ordinariatos están xurídicamente asimilados a unha diocese, constituídos por fieis até entón pertencentes ao anglicanismo e que aceptan as ensinanzas da Igrexa.

En 2013 o papa Francisco engadiu un parágrafo ás normas que atinxen á incorporación de fieis aos ordinariatos, até entón só posible para fieis procedentes do anglicanismo. Coa nova normativa tamén se poden incorporar a eles aqueles fieis bautizados como católicos que abandonaran a fe e que volven a ela a través dos ditos ordinariatos.[2][3]

Notas e referenciasEditar

  1. "[...] erigidos pela Congregação para a Doutrina da Fé dentro dos confins territoriais de uma determinada Conferência Episcopal, depois de ter consultado a própria Conferência", Anglicanorum Coetibus, por Bieito XVI (en portugués)
  2. "Papa Francisco modifica normas para ingreso a Ordinariatos de antiguos anglicanos". Consultado o 19 de xullo de 2013. 
  3. Carol Glatz. "Pope opens ordinariates for former Anglicans to baptized Catholics". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 19 de xullo de 2013.