Angel Stadium of Anaheim

Coordenadas: 33°48′01″N 117°52′58″O / 33.800277777778, -117.88277777778

O Angel Stadium of Anaheim, orixinariamente chamado Anaheim Stadium e posteriormente Edison International Field of Anaheim, é un parque de béisbol situado en Anaheim, California (Estados Unidos). Desde a súa apertura serve como estadio local de Los Angeles Angels da Major League Baseball (MLB). Entre 1980 e 1994 tamén albergou os partidos locais de Los Angeles Rams da National Football League (NFL). O estadio é popularmente coñecido como The Big A (do inglés: A Grande A), alcume acuñado polo xornalista deportivo Bud Furillo. O Angel Stadium é o cuarto estadio en activo máis antigo da MLB, só por dertás do Fenway Park de Boston, o Wrigley Field de Chicago e o Dodger Stadium dos Ánxeles.[1] Entre outros eventos, albergou os All-Star da MLB de 1967, 1989 e 2010.

Angel Stadium of Anaheim
Datos
LocalizaciónAnaheim, Estados Unidos
AlcumeThe Big A
Nomes antigosAnaheim Stadium (1966–1997)
Edison International Field of Anaheim (1998–2003)
Construción
Construción31 de agosto de 1964
Inauguración19 de abril de 1966
Renovación1 de abril de 1998
ArquitectoConstrución:
Noble W. Herzberg and Associates
Renovación:
HOK Sport (hoxe Populous)
Robert A. M. Stern
Walt Disney Imagineering
Custo$24 millóns (1966)
$118 millóns (renovación, 1998)
Estadio
SuperficieTifway 419 Bermuda Grass (natural)
DimensiónsLeft Field – 347 ft (105,8 m)
Left-Center – 390 ft (118,9 m)
Center Field – 396ft (120,7 m)
Right-Center – 370 ft (112,8 m)
Right Field – 350ft (106,7 m)
Backstop – 60.5 ft (18,4 m)
Capacidade45.517 espectadores
PropietarioCidade de Anaheim
OperaradoraAngels Baseball LP
LocalíaLos Angeles Angels (MLB, 1966– )
Los Angeles Rams (NFL, 1980–94)

Notas editar

  1. Shaikin, Bill (30 de agosto de 2013). "'Los Angeles Angels of Anaheim' could be no more". Los Angeles Times. Consultado o 5 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar