Aneirin Karadog, nado o 11 de maio de 1982 en Lanelwy,[1] é un presentador, cantante e poeta galés.

Modelo:BiografíaAneirin Karadog
Biografía
Nacemento11 de maio de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Llanelwy, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
ResidenciaKerlouan (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaGales Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: f237dbc6-6e4b-41e4-9dcb-ca36150d21a6 Discogs: 1973077 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De pai galesofalante e nai bretoa, naceu no norte de Gales aínda que pasou a maior parte da infancia en Pontypridd, localidade próxima a Cardiff. Estudou lingua francesa e castelá na Universidade de Oxford. Traballou durante un tempo na organización de promoción do galés, Menter Iaith, en Rhondda Cynon Taf e desde 2005 desenvolveu a súa actividade profesional na produtora televisiva Tinopolis, con colaboracións nos programas Wedi 7 , Heno e Sam Ar y Sgrin de S4C e actuou no programa infantil da mesma emisora, Y Barf.

Gañou o Urdd Eisteddfod en 2005 e apareceu no volume colectivo, Crap Ar Farddoni con outros poetas novos: Catrin Dafydd, Hywel Griffiths, Eurig Salisbury e Iwan Rhys. En 2012 publicou deu ao prelo o seu primeiro libro individual: O Annwn i Geltia .[2] que logrou o premio ao mellor libro de poesía en galés do ano.[3] Foi membro do grupo de hip hop Genod Droog (2005-2008) e do dúo Y Diwygiad, colaborando tamén en álbums doutros grupos: Llwybr Llaethog, Cofi Bach e Tew Shady En marzo de 2012 foi un dos creadores e o presentador de Aneirin Bx3, un espectáculo poético infantil en colaboración con Eurig Salisbury, Catrin Dafydd e Llyr Barmouth.[4] En 2016 gañou o Eisteddfod Nacional.[5]

  • Crap ar Farddoni (Gwasg Carreg Gwalch, 2006)
  • O Annwn i Geltia (Barddas, 2012)
  • Agor Llenni'r Llygaid (Gwasg Gomer, 2015, poemas para nenos)
  • Bylchau (Cyhoeddiadau Barddas, 2016)
  1. [1] Arquivado 23 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Aneirin Karadog. Rhestr Awduron Cymru Literature Wales
  2. [2] Gwybodaeth Lyfryddol gwales.com
  3. [3] Arquivado 15 de abril de 2016 en Wayback Machine. Ficha en Literature Wales
  4. www.celfcymru.org.uk;[Ligazón morta] www.celfcymru.org.uk ]
  5. "Aneirin Karadog is the chaired bard at the 2016 National Eisteddfod", Daily Post, 6 de agosto de 2016

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar