Andrew Crosse

Andrew Crosse, nado en Fyne Court, Broomfield, Somerset.[1][2] o 17 de xuño de 1784 e finado ibídem o 6 de xullo de 1855, foi un científico e escritor inglés. Crosse foi un pioneiro da experimentación dos usos da electricidade. Acadou certa sona despois de que a prensa se fixese eco duns experimentos de "electrocristalización" que el dirixiu en 1836, e durante os cales "apareceron" insectos.

Andrew Crosse
Andrew Crosse.jpg
Nacemento17 de xullo de 1784
Lugar de nacementoSomerset
Falecemento6 de xullo de 1855
Lugar de falecementoFyne Court
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Reino de Gran Bretaña
Ocupaciónfísico
CónxuxeCornelia Augusta Hewett Crosse
FillosAndrew Frederick Crosse
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Crosse foi o primoxénito de Richard Crosse e Susannah Porter. En 1788 acompañou aos seus pais nunha viaxe por Francia, onde por un tempo asistiu a un colexio en Orleáns. Entre os seis e os oito anos tivo un titor, o reverendo Mr White, en Dorchester, do cal aprendeu grego. O 1 de febreiro de 1792, foi enviado a un colexio privado en Bristol.[2]

Hai quen suxire que foi este peculiar personaxe o que dalgún xeito inspirou algunhas pasaxes da novela Frankenstein, de Mary Shelley. O 28 de decembro de 1814 Mary Shelley asistiu, acompañada do seu esposo, a unha conferencia do extravagante científico. Nela chegouna a coñecer persoalmente e extraeu moitos datos acerca da forma na que Crosse afirmaba crear vida a partir da electricidade.

En 1807, Crosse encetara un experimento de creación de vida a partir da «electro-cristalización» de materia inanimada. Ese mesmo ano chegou a afirmar ter creado pequenas criaturas en forma de insectos que chegaban a andar e desenvolverse por si mesmas.

Crosse gustaba de auto-alcumarse "O electricista", é así había titular a súa biografía. Pero o seu discurso e demostracións foron moi cuestionados cando non abertamente atacados. Non só pola comunidade científica senón pola relixiosa. Algúns estamentos eclesiásticos consideraron a Crosse un ser endiañado. Chegándose ó extremo de encargar ó reverendo Philip Smith a celebración dunha serie de exorcismos en tódalas propiedades de Andrew Crosse, sobre os seus equipos de traballo e na súa propia persoa.

Ante a manifesta animadversión que sufría a súa actividade científica, optou por retirarse á súa mansión de Fyne Court.

Crosse volveuse solitario e desconfiado, pero continuou investigando. Até que o 26 de maio de 1855 tivo un ataque de parálises do que nunca se recuperou.

O 6 de xullo dese mesmo ano finou, ao tempo que a súa mansión de Fyne Court era arrasada por un incendio, que acabou tamén co seu laboratorio e os seus arquivos.

NotasEditar

  1. Waite, Vincent (1964). Portrait of the Quantocks. Londres: Robert Hale. ISBN 0-7091-1158-4. 
  2. 2,0 2,1 Crosse, Cornelia A H (1857). Memorials scientific and literary of Andrew Cross, the electrician. Londres: Longman, Brown, Green, Longmans and Robert.