Andrés García Cardeso
José Andrés García Cardeso, nado en 1960, é un empresario e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) |
Alcalde da Baña | |
2021 – 2023 ← José Antonio Pereira Gil – José Antonio Pereira Gil → | |
Alcalde da Baña | |
1995 – 2019 ← Francisco Villaverde Marcos – José Antonio Pereira Gil → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | A Baña |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarEmpresario. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Baña e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta. Foi xulgado en maio de 2011 por tres delitos de prevaricación administrativa por ter manipulado o censo electoral para as municipais de 2007[1].
Nas eleccións municipais de 2019 non acadou a alcaldía, ocupando ese posto o socialista José Antonio Pereira Gil.[2] Porén, o 14 de decembro de 2021, retornou á alcaldía tras unha moción de censura na que contou co apoio de dous edís electos por CxG que tiñan abandonado previamente dita formación.[3]. Nas municipais de 2023 perdeu de novo a alcaldía, dado que o PSdeG chegou a un acordo co BNG que lle devolveu a alcaldía a Pereira.
Predecesor: Francisco Villaverde Marcos |
Alcalde da Baña 1995 - 2019 |
Sucesor: José Antonio Pereira Gil |
Predecesor: José Antonio Pereira Gil |
Alcalde da Baña 2021 - 2023 |
Sucesor: José Antonio Pereira Gil |
Notas
editar- ↑ La fiscalía pide 28 años de inhabilitación para el alcalde de A Baña por falsear el censo
- ↑ Se confirma el cambio en A Baña con José Antonio Pereira como alcalde
- ↑ "García Cardeso (PP) recupera la Alcaldía de A Baña al prosperar la moción de censura contra el PSOE". europapress.es (en castelán). 14 de decembro de 2021. Consultado o 15 de decembro de 2021.