Ander Murillo

futbolista español

Ander Murillo García, nado en Donostia o 22 de xullo de 1983, é un futbolista vasco. Xoga de defensa e o seu equipo en 2010 é o Celta de Vigo da Segunda División de España.

Infotaula de personaAnder Murillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xullo de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura184 cm Editar o valor em Wikidata
Peso76 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata - 2018 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Número deportivo18 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2001-2002 Bilbao Athletic 14(0)
2001-2010 Athletic Club 157(1)
2009-2010cesión Unión Deportiva Salamanca 37(0)
2010-2011 Real Club Celta de Vigo 23(0)
2011-2018 AEK Larnaca (pt) Traducir 184(3) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2001-2001   selección de fútbol sub-17 de España 2(0)
2001-2002   Selección de fútbol sub-19 de España 7(2)
2003-2003   selección de fútbol sub-20 de España 2(0)
2003-2005   Selección de fútbol sub-21 de España 11(0)
2006-2006   Selección de fútbol do País Vasco 1(0) Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiLuciano Murillo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesEliseo Murillo (en) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata

É fillo de Luciano Murillo e sobriño de Eliseo Murillo, xogadores profesionais de fútbol da década de 1970, que xogaron na Real Sociedad.

Traxectoria editar

Formouse na canteira do Antiguoko club, desde onde pasou ao Athletic. xogou nas súas categorías inferiores ata 2001, ano no que pasa a formar parte do primeiro equipo.

Debutou en Primeira división o 24 de novembro de 2001 aos 18 anos de idade, no partido FC Barcelona 1:2 Athletic Club. Na súa primeira tempada xogou 11 partidos de liga. No Athletic xogou 7 tempadas consecutivas en primeira división, varias delas de titular, incluíndo partidos da Copa da UEFA (2004/05) e dúas semifinais da Copa do Rei (2002 e 2005). Coa chegada do adestrador Joaquín Caparrós ao equipo en 2007, a defensa do club bilbaíno fortaleceuse e a competencia fíxose maior, a irrupción de xogadores como Aitor Ocio ou Fernando Amorebieta desbancaron a Murillo, que perdeu peso no equipo e pasou a un segundo plano, ata desapareceu das convocatorias. As tempadas 2007/08 e 2008/09 foron a confirmación de que Murillo xa non contaba para o club branquivermello, por iso para a tempada 2009/10 foi cedido á Unión Deportiva Salamanca de Segunda división (equipo no que o seu pai terminou a súa carreira como xogador), para que puidese ter algúns minutos e non quedase estancado. Na UD Salamanca realizou unha boa actuación, sendo titular indiscutible e chegando a xogar 37 partidos de liga. Isto non cambiou as cousas no seu regreso a Bilbao, xa que antes de comezar a pretemporada 2010/11 comunicóuselle ao xogador que non se contaba con el e que se buscase equipo. En agosto de 2010 Ander Murillo pechou a súa fichaxe co Celta de Vigo, o cal será o seu equipo para as próximas tempadas.[1]

Selección nacional editar

Nunca foi internacional coa selección absoluta, aínda que si coa sub-17, sub-19, sub-20 e sub-21.

Clubs editar

Xuvenil editar

Club País Ano
Antiguoko España 1998-1999
Athletic Club España 1999-2001

Profesional editar

Club País Ano PX Goles
Bilbao Athletic España 2001-2002 14 0
Athletic Club España 2002-2009 132 1
UD Salamanca España 2009-2010 37 0
Celta de Vigo España 2010- - -

Palmarés editar

Copas internacionais editar

Título Club Ano
Eurocopa Sub19 Selección española sub-19 2002

(*) Incluíndo a Selección

Notas editar

  1. El Correo, ed. (19 de agosto de 2010). "Ander Murillo ficha polo Celta". Consultado o 19 de agosto de 2010. 

Ligazóns externas editar