Anazarbo

cidade de Cilicia na actual Turquía
(Redirección desde «Anazarba»)

Anazarbo, Anazarba ou Anazarb (en grego: Ἀναζαρβός; en latín: Anazarbus; em armenio: Անարզաբա), tamén chamada Caesarea ad Anazarbum (Caesarea no Anazarbo) e Xustinópolis (Ίουστινούπολις) ou, mais tarde, Anazarva ou Anavarza (en árabe: عين زربا; romanizado.: Aïn Zarba; en turco: Çeçenanavarza), foi unha antiga cidade de Cilicia.

Modelo:Xeografía políticaAnazarbo
Imaxe

Localización
Mapa
 37°15′22″N 35°54′00″L / 37.256, 35.9Coordenadas: 37°15′22″N 35°54′00″L / 37.256, 35.9
EstadoTurquía
ProvinciaProvincia de Adana Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Disolución1374 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data2014
Identificador5910

Durante o Imperio Romano tardío, foi a capital de Cilicia Secunda. O emperador bizantino Xustiniano I reconstruíu a cidade, no 527, despois de ser case destruída por un sismo. No 1374, foi destruída polos exércitos do Imperio mameluco, unha vez conquistado o resto do Reino Armenio de Cilicia.

Atópase a uns 15 quilómetros ao oeste do curso principal do río Píramo, preto do seu afluente Sempas. Na actualidade é coñecida como Aǧaçli, na provincia de Adana, preto da pequena aldea de Dilekkaya, no distrito de Kozan.

Localización

editar

Estaba situada en Anatolia, na actual Turquía, na actual Çukurova (a antiga Cilicia, hoxe denominada a Chaira de Aleia) a uns 15 km ao oeste da corrente principal do actual río Ceyhan (na antigüidade denominado río Pyramus) e preto do seu afluente o Sempas. Unha alta dorsal illada formaba a súa acrópole. Aínda que parte da mampostería das ruínas é certamente prerromana, tradicionalmente foi identificada, a partir das referencias nos Suídas, con Cyinda, coñecida como a cidade do tesouro nas guerras de Eumenes de Cardia. Porén, hoxe non se pode aceptar a localización como Cyinda no oeste de Cilicia, que dá Estrabón.

Historia

editar

A cidade xa existía na época prerromana, mais no marco do Imperio romano adoptou o nome de Caesarea e converteuse na capital da provincia de Cilicia Secunda.

No ano 525, foi reconstruída despois dun terremoto polo emperador Xustino I, que cambiou o seu nome polo de Giustinopoli (Xustinópolis), pero o vello nome nativo persistiu, e cando Toros I de Armenia, a converteu na capital do Reino Armenio de Cilicia, a comezos do século XII, xa era coñecida como Anazarva.

Dioscórides, Xulián de Anazarbus e Opiano de Anazarba eran orixinarios desta cidade.