Anatoli Boukreev
Anatoli Boukreev, nado en Korkino o 16 de xaneiro de 1958 e finado no Annapurna o 25 de decembro de 1997, foi un montañeiro de orixe rusa e nacionalidade casaca. Fixo cumio sen axuda de osíxeno suplementario en sete dos catorce cumios de máis de oito mil metros de altitude.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1958 Korkino, Rusia (en) |
Morte | 25 de decembro de 1997 (39 anos) Annapurna, Nepal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética Casaquistán |
Educación | Chelyabinsk State University (en) |
Actividade | |
Ocupación | explorador , escritor , guia de alta montanha (pt) , montañista |
Deporte | alpinismo |
Cronoloxía | |
1991 | ascent (en) |
Premios
|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria editar
Boukreev formou parte como guía dunha das expedicións comerciais que no mes de maio de 1996 chegaron ó máis alto do monte Everest e que remataría en traxedia[1] por mor do cambio nas condicións meteorolóxicas, o elevado número de escaladores na montaña e diferentes problemas loxísticos. Estes feitos foron recollidos en varios libros como o que o propio escalador escribiría coa axuda de G. Weston De Walt titulado The Climb[2], ou o do escritor norteamericano Jon Krackauer, Into The Thin Air[3]. Ademais dos libros existen varios documentais e reportaxes sobre estes feitos e inclusive unha película Everest[4] (2015) dirixida polo cineasta islandés Baltasar Kormákur e na que o actor Ingvar Eggert Sigurðsson da vida a Boukreev.
O 25 de decembro de 1997 Anatoli Boukreev viuse sorprendido por un alude mentres trataba de completar unha ascensión invernal o Annapurna acompañado polo seu compatriota Dimitri Sobolev e o italiano Simone Moro, que foi o único supervivente e non puido facer nada por auxiliar ós seus compañeiros. O seu corpo nunca foi recuperado.
Notas editar
- ↑ "La gran tragedia del Everest, 10 de mayo de 1996. Desnivel". desnivel.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ "Breathless". www.nytimes.com. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ "Jon Krakauer - Into Thin Air - Trade Paperback". www.jonkrakauer.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-27.
- ↑ "Everest (2015)". Consultado o 2016-08-27.