Anagnórise
Para a novela de María Victoria Moreno véxase: Anagnórise (novela).
A anagnórise[1] ou recoñecemento (do grego antigo ἀναγνώρισις, recoñecemento) é un topos clásico da trama narrativa e, en particular, do teatro consistente en que un personaxe, após unha cadea máis ou menos complexa de vicisitudes, é recoñecido por outros (ou se dá conta el mesmo) na súa verdadeira identidade.
A anagnórise aparece mencionada na Poética de Aristóteles e foi moi usada na comedia latina e no teatro barroco (Tirso de Molina, Pedro Calderón de la Barca, William Shakespeare). Un caso sería o de dous irmáns, separados por un naufraxio, que se atopan anos máis tarde, a punto de casar con alguén do contorno do outro. Edipo é un paradigma de recoñecemento tráxico, pois mata o seu pai e casa coa súa nai.
Notas
editar- ↑ Carballeira Anllo, Xosé Mª (coord.) (2000). "Eparquía". En Cid Cabido, Xosé (ed.). Gran Diccionario Xerais da Lingua. Vigo: Xerais. p. 116.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Anagnórise (novela de María Victoria Moreno)