Ana do Palatinado-Veldenz
Ana de Veldenz, nada o 12 de novembro de 1540 e finada o 30 de marzo de 1586, foi unha condesa do Palatinado-Veldenz e, por matrimonio, margravina de Baden-Durlach. Dende 1577 até 1584 viuse involucrada na tutela e rexencia de Baden-Durlach.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1540 |
Morte | 30 de marzo de 1586 (45 anos) Graben-Neudorf, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Margrave |
Familia | Casa de Wittelsbach |
Cónxuxe | Carlos II de Baden-Durlach (1558 (Gregoriano)–) |
Fillos | Dorothea Ursula von Baden-Durlach, Ernesto Frederico de Baden-Durlach, Jaime III, Margrave de Baden-Hachberg, Anna Marie von Baden-Durlach, Elizabeth von Baden-Durlach, Jorge Frederico de Baden-Durlach |
Pais | Roberto do Palatinado-Veldenz e Ursula of Salm-Kyrburg |
Irmáns | George John I, Count Palatine of Veldenz |
Traxectoria
editarAna era a filla máis vella do conde palatino Roberto de Veldenz (1506-1544) do seu matrimonio con Úrsula (1515-1601), filla de Xoán VII de Salm-Kyrburg.
Casou con Carlos II de Baden-Durlach o primeiro de agosto de 1558 en Heidelberg; era o segundo matrimonio para el. Como o seu marido, Ana profesou a fe luterana e os fillos de ambos os matrimonios foron tamén criados como luteranos.
Cando o seu marido morreu, os seus fillos eran aínda menores de idade. Por isto, actuou como gardiá e rexente dende 1577 ata que o seu fillo Ernesto Federico alcanzou a maioría de idade en 1584. Gobernaron con ela o elector palatino Lois VI e o duque Lois "o Piadoso" de Wurtemberg. En 1584, Baden-Durlach foi dividido: o seu fillo máis vello Ernesto Frederico recibiría a parte máis grande e converteuse en margrave de Baden-Durlach. O seu segundo fillo, Xacobe recibiu Baden-Hachberg e situou a súa residencia en Emmendingen. Converteuse ó catolicismo en 1590 e devolveu o seu territorio á fe católica. Porén, pouco despois, morreu de envelenamento por arsénico e Baden-Hachberg pasou ó seu irmán Ernesto Federico.
Cando Ernesto Federico morreu en 1604, todas as partes de Baden reuníronse en mans do seu irmán Xurxo Federico.
O novo capelán da margravina Ana, John Zehender, foi responsable do coidado pastoral que ela desenvolveu nos últimos días da súa vida, e pronuncio o seu sermón funeral o 5 de abril de 1586.