Ana Viqueira
xornalista galega
Ana Viqueira Amor, nada na Coruña en 1957 e finada en Santiago de Compostela o 18 de agosto de 2016,[1] foi unha xornalista galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 A Coruña, España |
Morte | 18 de agosto de 2016 (58/59 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Empregador | El Ideal Gallego Faro de Vigo La Nueva España El Correo Gallego Axencia EFE |
Familia | |
Cónxuxe | Xosé Andrés Vázquez Hermida |
Traxectoria
editarEstudou Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid. Traballou para a axencia Colpisa (en Madrid), El Ideal Gallego (na Coruña), El Correo Gallego (en Santiago de Compostela) e La Nueva España (en Oviedo). Fundou e dirixiu o suplemento de humor Cuarta Feira, dirixiu a delegación de Santiago de Compostela de Faro de Vigo e a da Axencia EFE.[2]
Estaba casada co tamén xornalista Xosé Hermida.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Fallece la periodista coruñesa Ana Viqueira a los 59 años". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de agosto de 2016. Consultado o 5 de abril de 2021.
- ↑ Isabel Bugallal (19 de agosto de 2016). "La periodista coruñesa Ana Viqueira muere de cáncer en Santiago a los 59 años". La Opinión. Consultado o 4 de decembro de 2018.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |