Ana Jara

política peruana

Ana Ethel del Rosario Jara Velásquez, nada o 11 de maio de 1968 en Ica, é unha avogada e política peruana.[1]

Ana Jara
Ana Jara 2.jpg
Nome completoAna Ethel del Rosario Jara Velásquez
Nacemento11 de maio de 1968
 Ica
NacionalidadePerú
Alma máterSan Luis Gonzaga National University
Ocupaciónpolítica, notario e avogada
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

No ano 2011 foi elixida congresista da República, como membro da agrupación Gana Perú. Foi Ministra da Muller e Poboacións Vulnerables[1] entre 2011 e 2014 e Ministra de Traballo e Promoción do Emprego entre febreiro e xullo de 2014.

Tamén desempeñou o cargo de Presidenta do Consello de Ministros do Perú, dende o 22 de xullo de 2014; ata que foi censurada polo Congreso da República o 30 de marzo de 2015, co que se viu na obriga de renunciar.[2][3]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Ana Ethel Jara Velásquez". Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  2. "Peru sacks PM over alleged domestic spying". Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  3. "Peru's Prime Minister Ana Jara deposed over spy row". BBC News. 31 de marzo de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2020.