Ana Beatriz Barros
Ana Beatriz Barros, nada en Itabira o 29 de maio de 1982, é unha modelo brasileira. É coñecida por traballar con SI Swimsuit Issue, Guess?, Bebe Stores, Victoria's Secret, Chanel e a liña de moda de Jennifer Lopez.
Barros no 2011 | |
Nome orixinal | (pt) Ana Beatriz Barros-El Chiaty |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de maio de 1982 (42 anos) Itabira, Minas Xerais, Brasil |
Altura | 181 cm |
Peso | 59 kg |
Cor dos ollos | Verde |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | Modelo |
Período de actividade | 1996 - |
Representante | Elite Model Management (pt) |
Traxectoria
editarAna Beatriz naceu nunha pequena cidade de Itabira, Minas Xerais, filla de Reinato Barros, un enxeñeiro mecánico e Sonia, unha ama de casa. Máis tarde, a súa familia mudeouse a Río de Xaneiro, onde pasou a súa infancia. Barros é de ascendencia española, portuguesa e italiana, e é a menor de tres irmás. No presente vive en Manhattan.[1][2]
Vida persoal
editarEstivo saíndo co comerciante de arte de Nova York Helly Nahmad.[3] Barros casou co millonario grego-exipcio Karim El Chiaty na illa grega de Miconos o 8 de xullo de 2016.[4] Na lista de convidados estaban as súas modelos compañeiras de Victoria's Secret Alessandra Ambrosio, Adriana Lima, Isabeli Fontana e Fernanda Motta.[5]
Notas
editar- ↑ Ana Beatriz Barros: “Fora da moda não me sinto nada sexy” Arquivado 23 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en portugués)
- ↑ Ana Beatriz Barros". Fashion Model Directory. Consultado o 21 de maio de 2007.
- ↑ "The Life Of Hillel 'Helly' Nahmad". Business Insider. 18 de abril de 2013. Consultado o 8 de abril de 2016.
- ↑ Macon, Alexandra (12 de xullo de 2016). Vogue.com., ed. "Ana Beatriz Barros and Karim El Chiaty Marry In Mykonos". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2016.
- ↑ Torgerson, Rachel (11 de xullo de 2016). Usmagazine.com., ed. "See Model Ana Beatriz Barros Gorgeous Wedding Dresses". Consultado o 14 de xullo de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Beatriz Barros |