Un aminal ou aminoacetal é un grupo funcional ou tipo de composto orgánico que ten dous grupos amina unidos ao mesmo átomo de carbono, coa fórmula xeral R2C(NR2)(NR2), onde R pode ser hidróxeno ou un grupo alquilo[1].

Fórmula xeral dun aminal.

Os grupos aminal e hemiaminal son comparables aos grupos hemiacetal e acetal, pero con nitróxeno en vez de osíxeno. Os aminais fórmanse, por exemplo, na síntese de indol de Fischer.

Hemiaminal éter editar

Os hemiaminal éteres son ás veces chamados tamén aminais aínda que isto está desaconsellado pola IUPAC. Teñen a seguinte estrutura: R‴-C(NR'2)(OR")-R⁗. As glicosilaminas son exemplos de hemiaminal éteres cíclicos.

Notas editar

  1. IUPAC Gold Book Aminal

Véxase tamén editar

Outros artigos editar