O amensalismo é, en bioloxía e ecoloxía, unha relación interespecífica na que un organismo se ve prexudicado mentres que outro non sae beneficiado nin prexudicado.

Nalgunhas forestas da selva amazónica, hai árbores de maior tamaño que non permiten a chegada da luz do sol ás herbas que se atopan a rentes do chan. Este é un exemplo de amensalismo. Diferénciase da competencia en que as plantas de menor tamaño non afectan á supervivencia das árbores de maior tamaño.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.