Ameixola

especie de molusco
Ameixola
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Venerida
Superfamilia: Mactroidea
Familia: Mactridae
Xénero: Mactra
Especie: Mactra stultorum
Nome binomial
Mactra stultorum
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Mactra corallina trigona Pallary, 1938
Mactra corallina lignaria Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1896
Mactra corallina oceanica Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1896
Mactra corallina atlantica Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1896
Mactra corallina grangeri Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1896
Mactra bourguignati Locard, 1890
Mactra corallina lignaria Monterosato, 1878
Mactra candida Nardo, 1847
Mactra intermedia Aradas, 1847
Mactra inflata Bronn, 1830
Mactra rufa Lamarck, 1818
Mactra fasciata Lamarck, 1818
Mactra alba Lamarck, 1818
Mactra cinerea Montagu, 1808
Mactra lactea (Poli, 1795) sensu Lamarck, 1818
Mactra radiata da Costa, 1778
Mactra corallinum Linnaeus, 1758
Mactra corallina (Linnaeus, 1758)

A ameixola (Mactra stultorum, Linnaeus 1758; antes Mactra corallina) é un molusco bivalvo da familia dos Máctridos (Mactridae), da orde Veneroida.

Morfoloxía editar

Semella unha ameixa de gran tamaño (ata 7 cm de lonxitude), de cuncha fráxil, delicada e equivalva, co umbo lixeiramente desprazado cara a adiante. O perfil é triangular, cos ángulos redondeados.

A cuncha é lisa e brillante, con liñas de crecemento concéntricas. É de cor crema ou abrancazada, con tonalidades púrpura e manchas radiais de cor marrón. O periostraco ten cor marrón clara ou agrisada. O interior é branco, marrón e ás veces púrpura.

Hábitat e bioloxía editar

Distribúese na costa europea do Atlántico, desde o norte de Noruega ata o Senegal, entrando no Mediterráneo e Mar Negro.

Vive en praias abertas de area limpa, na franxa inframareal ata profundidades de 100 metros.

É un molusco comestible pero de peor calidade que a ameixa. Péscase co rastro ou co sacho na baixamar.

Ríos Panisse recolleu os sinónimos seguintes: ameixola de area, ameixola brava, bicudo (por ser algo puntiaguda), rabioso e señorita, e tamén os nomes de cona de monxa (en Ribeira) e crica (en Sardiñeiro, Fisterra), metáforas sexuais non infrecuentes na denominación dos moluscos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar