Ambroa, Andoio, Tordoia

lugar da parroquia de Andoio, no concello de Tordoia

Ambroa é un lugar da parroquia de Andoio no concello coruñés de Tordoia, da comarca de Ordes. Segundo o IGE[1], en 2013 tiña 61 habitantes (33 homes e 28 mulleres).

Ambroa
ParroquiaAndoio
ConcelloTordoia
Poboación61 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

EtimoloxíaEditar

A etimoloxía deste topónimo carece de consenso. Por un lado, unha das primeiras teorías sobre a súa orixe está relacionada co pobo prerromano dos ambrones que, segundo Menéndez Pidal, colonizou o noroeste da Península Ibérica, co que se trataría dun topónimo baseado nun xentilicio. Non obstante, Bascuas considera que esta teoría, baseada nas colonizacións indoeuropeas, está completamente superada e é inconsistente e contraria ao que hoxe en día se sabe da expansión deste pobo. Este lingüista considera que procede do celta *ambra (auga), para o que argumenta que o lugar se localiza entre varias correntes de auga pequenas, habendo varios topónimos de orixe hidronímica na súa contorna.

Este topónimo aparece documentado en 1523, nun texto do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago, en que participa Alonso de Ambroa, habitante da freguesía de Andoio.

Outros topónimos iguais ou similares son Ambroa (Irixoa) e Ambroa (Cabovilaño, A Laracha).[2]

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de AndoioEditar

Lugares da parroquia de Andoio no concello de Tordoia (A Coruña)

Altiboa | Ambroa | Baldaio | Bouzarán | O Casal | O Castiñeiro | A Folgueira | Fornelos | O Lestido | Os Pazos | O Rego | Samede

Parroquias de TordoiaEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Tordoia

Andoio (San Mamede) | Anxeriz (Santa Mariña) | Bardaos (Santa María) | Cabaleiros (San Xián) | Castenda da Torre (Santa María) | Gorgullos (Santaia) | Leobalde (San Cristovo) | Numide (Santiago) | Tordoia (San Xoán) | A Vila de Abade (San Cibrán)

NotasEditar

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  2. Martínez, Lidia Gómez; Méndez, Luz. "Toponimia de Tordoia". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-07.