Amber Case

antropóloga ciborg

Amber Case, nada en Portland (Oregón) cara a 1987, é unha antropóloga ciborg, deseñadora especialista en experiencia de usuario/a e conferenciante. O seu campo de estudo é a interacción entre os seres humanos e a tecnoloxía.

Infotaula de personaAmber Case

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1987 Editar o valor em Wikidata (36/37 anos)
Portland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónLewis & Clark College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropóloga Editar o valor em Wikidata

Twitter: caseorganic TED: amber_case Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Graduouse cun major en antropoloxía[1] no Lewis & Clark College en 2008 cunha tese sobre teléfonos móbiles.[2] A súa área de interese foi a antropoloxía ciborg, nacida en 1993.[1] En 2008 foi a cofundadora de CyborgCamp, unha anticonferencia sobre o futuro dos seres humanos e as computadoras.

En 2010, Case e Aaron Parecki fundaron Geoloqi, unha compañía de software de servizos baseados na localización (LBS). Esta empresa foi comprada por Esri en 2012. No ano 2015 Case abandonou Esri para traballar nunha nova empresa chamada Healthways onde foi a directora xerente.[3]

Nas súas obras, Case adoita dicir que todos nós xa somos ciborgs, xa que un ciborg é simplemente unha persoa que interactúa coa tecnoloxía. Segundo Case a tecnoloxía non precisa implantarse, pode ter a forma dunha extensión física ou mental[4]. Declara que nos tempos que corren temos dúas personalidades: a dixital e a física.[5] Nos últimos anos o seu traballo centrouse na Calm technology[6], un tipo de tecnoloxía da información onde as interaccións entre as persoas usuarias e a tecnoloxía son deseñadas para operar na periferia en lugar de ser constantemente o centro de atención. Case descríbea como unha tecnoloxía que "non estorba e que che deixa vivir a túa vida." O libro en que trata este novo tema, Calm Technology, publicouse en 2015.[7]

Outra das súas preoupacións é a existencia de algoritmos pechados controlados por grandes empresas e que teñen nesgos que non podemos ver.[1]

Obra editar

  • An Illustrated Dictionary of Cyborg Anthropology. (CreateSpace, xaneiro 2014)
  • Designing Calm Technology (O’Reilly, outubro 2015)[8]

Premios e recoñecementos editar

A revista Fastcompany considerouna unha das mulleres máis influentes no mundo da tecnoloxía en 2010.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Hunter, Simon (marzo 2018). "Amber Case: Peace with Technology [Interview]". Speak up (en inglés) (392): 46–49. ISSN 0214-1418. 
  2. "The most influential women in technology 2010- amber Case". Fast Company (en inglés). 05 marzo 2010. Consultado o 5 abril 2018. 
  3. "From Esri to Calm Tech: My Next Steps .The World is not a desktop". caseorganic.com (en inglés). 17 marzo 2015. Consultado o 2018-04-05. 
  4. Case, Amber (5 decembro 2012). "Cyborg anthropologist: We can all be superhuman". CNN (en inglés). Consultado o 5 abril 2018. 
  5. Ottery, Christine (1 febreiro 2011). "Cyborg anthropologist Amber Case's memo to her future self". Wired (en inglés). Consultado o 5 abril 2018. 
  6. "FTP045: Amber Case – Calm Technology and Human-Machine Interactions [podcast]". Future Thinkers (en inglés). Consultado o 5 abril 2018. 
  7. Amber, Case (2015). Calm technology : principles and patterns for non-intrusive design (en inglés) (1ª. ed.). Sebastopol, CA: O'Reilly. ISBN 978-1-4919-2588-1. 
  8. Case, Amber (2015). Designing Calm Technology. O'Reilly. ISBN 978-1-4919-2585-0. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar