Os amautas eran os encargados da educación dos incas durante a época do imperio.

Durante unha época inicial educaban ás elites sociais, entanto que despois a formación ampliouse ao resto das clases, sen chegar nunca a ser xeneralizada. Tiñan un papel semellante ao do bardo nas culturas celtas e encargábanse de transmitir a historia e cultura inca de xeración en xeración.

De acordo co cronista Frei Martín de Murúa a educación impartíase en "yachaywasi" (lugares do saber) sitos en Cuzco e os alumnos entraban nestas escolas cando facían os 13 anos. Os amautas aprendíanlle aos futuros gobernantes as regras morais, relixión, historia e forma de goberno do Imperio Inca. Tamén as súas estrañas matemáticas, e métodos agrarios.
A maior parte dos iniciados remataban a educación cos 19 anos feitos.
Tamén había escolas femininas en que aprendían as mozas de boas liñaxes malia a ser estas menos frecuentes que as yachaywasis.