Amadeo Brumbeck Ferrería

empresario e político galego

Amadeo Brumbeck Ferrería, nado en Vilagarcía de Arousa e finado no mesmo concello en maio de 1940,[1] foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaAmadeo Brumbeck Ferrería
Biografía
NacementoVilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Mortemaio de 1940 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Julio Brumbeque Nelson que se instalou en Vilagarcía cara 1856, procedente da cidade norueguesa de Kristiansand. Foi presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía, representante no Consello Provincial de Pontevedra de Fomento e alcalde de Vilagarcía do 1 de xaneiro de 1906 ata o 1 de xullo de 1909. Foi concelleiro durante a Segunda República e Primeiro Tenente Alcalde ata o 31 de agosto de 1934. Foi reposto como concelleiro o 19 de xaneiro de 1936. Foi elixido compromisario para a elección de presidente da República en abril de 1936. Cofundador do Villagarcia Foot Ball Club foi tamén poeta e xornalista. Casou con Ángela Reguera Pedrosa.


Predecesor:
José Borruel Martí
  
Alcalde de Vilagarcía
 
1906 - 1909
Sucesor:
Valentín Viqueira Torrente

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 16-5-1940, p. 5.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar