Ama de leite

muller que aleita a un lactante que non é o seu fillo
(Redirección desde «Ama de cría»)

Unha ama de leite,[1] ama de cría[2] ou nutriz[3] é unha muller que aleita a un lactante que non é o seu fillo. Hoxe en desuso na meirande parte de Occidente, o emprego de amas de cría foi común ata o século XIX para alimentar a nenos cuxas nais non podían ou non desexaban facelo.[4]

Lois XVI coa súa ama de leite.

Servizos

editar

O recurso dunha ama de leite podía estar motivado por razóns físicas, coma no caso de produción insuficiente de leite, en partos múltiples nos que unha soa persoa non pode satisfacer os requisitos da lactación, ou sociais; a profesionalización da lactación permitía á nai dedicarse a outras ocupacións, como era o caso, por exemplo, das elites romanas. Por outra banda, permitía acurtar o período entre embarazos, xa que o sistema endócrino inhibe normalmente a concepción mentres a nai está aleitando. Ademais, tamén permitía librarse dunha tarefa socialmente percibida como pouco axeitada polas clases superiores.

Noutras sociedades, a tarefa non estaba restrinxida ás profesionais, senón que era parte do coidado dos meniños compartido entre tódalas nais do grupo. A profesionalización da cría, en termos sociolóxicos, foi un dos medios que permitiu ás mulleres adiñeiradas liberarse do rol de coidado doméstico que caracteriza ó sexo feminino nas sociedades patriarcais.

A creación de fórmulas máis completas de leite en po, adaptado ó aparello dixestivo do neno, levou á desaparición da figura da ama de leite nos países desenvolvidos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ama de leite.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ama de cría.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nutriz.
  4. Cabrera Espinosa, Manuel (2012). "La lactancia como profesión. Una mirada al oficio de nodriza". En Manuel Cabrera Espinosa, Juan Antonio López Cordero. IV Congreso Virtual sobre historia de las mujeres. Jaén: Asociación de Amigos del Archivo Histórico Diocesano.