Altiplano Yunnan–Guizhou

(Redirección desde «Altiplano Yunnan-Guizhou»)

O altiplano Yunnan–Guizhou ou altiplano Yungui (chinés simplificado: 云贵高原; chinés tradicional: 雲貴高原; pinyin: Yúnguì Gāoyuán) é unha meseta localizada no sueste da China, estendida principalmente polas provincias de Yunnan e Guizhou. No suroeste, o Yungui é un auténtico altiplano con mesetas chás, mentres que no nordeste, é unha área en xeral montañosa con outeiros, gorxas e topografía kárstica.

Modelo:Xeografía físicaAltiplano Yunnan–Guizhou
Imaxe
TipoMeseta Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 27°N 105°L / 27, 105

Xeografía

editar

Definición

editar

Baixo a definición máis estrita, o altiplano Yungui esténdese dende o río Vermello en Yunnan polo suroeste ata os montes Wuling en Hunan no nordeste.[1] Esta rexión inclúe a maior parte do Yunnan oriental e a maioría de Guizhou. Non obstante, é común, que o resto de Yunnan e as mesetas que o rodean que se consideren parte do altiplano Yunnan–Guizhou aínda que non teñan as mesmas características.[2]

Baixo a definición máis ampla, o altiplano Yungui inclúe tamén o condado Gulin e os extremos meridionais de Sichuan, o Chongqing oriental, o suroeste de Hubei, o occidente de Hunan e o noroeste de Guangxi.[1]

Xeografía humana

editar

Localizado na China suroccidental, o altiplano separa a conca do Sichuan da China meridional. A área considerouse unha rexión illada da China.[3] Historicamente, foi o fogar de pobos minoritarios dedicados á agricultura intensiva nos outeiros e vales. Actualmente é unha das áreas máis deprimidas economicamente da China e as rexións de Guizhou e Yunnan as provincias están entre as últimas da clasificación no índice de desenvolvemento humano nese país.[4] Moitos residentes viven ao estilo tradicional en aldeas rurais.

As cidades importantes do altiplano son Kunming, Guiyang e Zunyi. Na rexión realizáronse grandes obras de enxeñaría como ferrocarrís que se construíron por terreos complicados. A ponte máis alta do mundo, a ponte Beipanjiang, localízase na fronteira do Yunnan-Guizhou.

Xeografía física

editar

O altiplano Yungui é unha gran rexión montañosa de terreo abrupto con picos kársticos e gorxas fondas.[5] Está apoiado nas grandes montes Hengduan ao noroeste e en rexións baixas no norte, leste e sueste. Outras importantes cordilleiras cruzan ou rodean áreas do altiplano. Os montes Wumeng e Wulian Feng forman unha barreira polo Yungui central setentrional ao longo do río Jinsha (Yangtzé superior). Polo norte, os Dalou percorren o bordo entre o Yungui e a conca do Sichuan. Os Wuling no nordeste forman un terreo de transición cara á chaira do Yangtzé. No sur, o Miao diríxese cara aos montes do sur da China. A través do río Vermello ao suroeste, os Ailao forman unha barreira definitiva.[1][6]

Os altos picos de montaña do Tíbet oriental son a fonte de moitos dos grandes ríos grandes de Asia, que flúen cara ao su polo altiplano Yunnan–Guizhou.[7] Os ríos dividen o altiplano, Salween e Mekong dirixíndose ao sur e o Yangtzé virando ao nordeste. A maioría do Yungui occidental é drenado polos ríos Nanpan e Beipan, que conflúen no río das Perlas. No Yungui oriental localízase o río Wu, afluente do Yangtzé.

En zonas do Yunnan fórmanse lagos importantes, como o Dian Chi e o lago Fuxian. O lago Erhai sitúase no bordo occidental do altiplano, ao sur dos montes Hengduan.[1]

Clima e ecoloxía

editar

O clima varía gradualmente dende o máis seco no suroeste ata o máis chuvioso no nordeste. No Yunnan central oriental, partes do altiplano posúen un clima semiárido. Na maioría de Guizhou, o clima clasifícase como húmido subtropical. O altiplano está cuberto por bosques subtropicais perennes en moitas porcións de Yunnan e por bosques mixtos en zonas de Guizhou.[8][9]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Atlas of China. Beijing, China: SinoMaps Press. 2006. ISBN 9787503141782. 
  2. "Yunnan-Guizhou Plateau". Encyclopædia Britannica. Consultado o 2007-08-06. 
  3. China's Southwest. Lonely Planet. 2007. ISBN 9781741041859. 
  4. "China National Human Development Report 2016 Social Innovation for Inclusive Human Development" (PDF). China Publishing Group Corporation China Translation & Publishing House. 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de xaneiro de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  5. "Chinese History and Statistics - Yunnan-Guizhou Plateau Upland". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2007. Consultado o 2007-08-06. 
  6. Suettinger, Robert Lee; Kuo, Ping-chia. "Yunnan". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 31 de agosto de 2017. 
  7. Yang Qinye. Tibetan Geography -- Long Rivers with Distant Sources. Consultado o 2007-12-02. 
  8. "Yunnan Plateau subtropical evergreen forests". Global Species. Myers Enterprises II. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 31 de xullo de 2017. 
  9. "Guizhou Plateau broadleaf and mixed forests". Global Species. Myers Enterprises II. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 31 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar