Alonzo Church

matemático estadounidense

Alonzo Church, nado o 14 de xuño de 1903 e finado o 11 de agosto de 1995, foi un matemático e lóxico norteamericano que creou a base da computación teórica.

Alonzo Church
Nacemento14 de xuño de 1903
Lugar de nacementoWashington, D.C.
Falecemento11 de agosto de 1995
Lugar de falecementoHudson
SoterradoCemitério de Princeton
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónpresbiterianismo
Alma máterUniversidade Harvard, Universidade de Princeton, Universidade de Gotinga e Universidade de Ámsterdam
Ocupaciónmatemático, filósofo, profesor universitario e informático teórico
Coñecido porTese de Church-Turing, Princípio de Church-Turing-Deutsch, Frege–Church ontology, Teorema de Church-Rosser, Church–Turing theorem e cálculo lambda
Na rede
WikiTree: Church-8776 Find a Grave: 7076221 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Nado na cidade de Washington, diplomouse na Universidade de Princeton en 1924 e obtivo o doutoramento en 1927, onde exerceu como profesor entre 1929 e 1967.

A súa obra máis coñecida é o desenvolvemento do cálculo lambda, e o seu traballo de 1936 que mostra a existencia de problemas indecidibles. Este traballo precedeu ao famoso traballo do seu alumno Alan Turing sobre o problema de parada que tamén demostrou a existencia de problemas irresolubles por dispositivos mecánicos. Despois de revisar a tese doutoral de Turing, demostraron que o cálculo lambda e a máquina de Turing utilizada para expresar o problema de parada tiñan igual poder de expresión; posteriormente demostraron que unha variedade de procesos mecánicos alternos para realizar cálculos tiñan poder de cómputo equivalente. Como resultado postulouse a Tese de Church-Turing.

Entre os máis coñecidos estudantes de doutoramento de Church están Stephen Kleene, J. Barkley Rosser, Leon Henkin, John George Kemeny, Michael O. Rabin, Dana Scott, Simon Kochen e Raymond Smullyan.

O cálculo lambda tivo influencia no deseño da linguaxe Lisp así como as linguaxes de programación funcional.

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar