Aloidendron dichotomum

especie de planta

Aloidendron dichotomum, antes chamada Aloe dichotoma, é unha planta suculenta alta e ramificada con aspecto de árbore, aínda que en realidae está relacionada cos áloes. É nativa do sur de África, concretamente da rexión do Cabo Setentrional de Suráfrica e de partes do sur de Namibia.

Aloidendron dichotomum
Clasificación científica
Reino: Plantae
Clado: Trachaeophytas
Clado: Angiosperms
Clado: Monocots
Orde: Asparagales
Familia: Asphodelaceae
Subfamilia: Asphodeloidea
Tribo: Aloeae
Xénero: Aloidendron
Especie: Aloidendron dichotomum
(Masson) Klopper & Gideon F.Sm.[1]
Mapa de distribución de A. dichotomum (azul claro) no sur de África.
Mapa de distribución de A. dichotomum (azul claro) no sur de África.

Mapa de distribución de A. dichotomum (azul claro) no sur de África.
Sinonimia[1]

Aloe dichotoma Masson
Rhipidodendrum dichotomum (Masson) Willd
Aloe ramosa Haw
Aloe montana Schinz
Aloe dichotoma var. montana, (Schinz) A.Berger

Nomes editar

O nome local na lingua do pobo san é choje. Os san utilizaban as pólas desta planta para facer alxabas para gardar as súas frechas, unha vez que lle quitaban o interior deixándoas ocas. Como alxaba en inglés se di quiver, de aí vén o nome local inglés que se lle dá na zona, quiver tree ou 'árbore das alxabas'. O epíteto do nome científico "dichotomum" refírese á ramificación dicótoma da planta. A especie anteriormente estaba clasificada no xénero Aloe como Aloe dichotoma, pero estudos filoxenéticos aconsellaron separala no xénero Aloidendron co nome Aloidendron dichotomum en 2013.[2]

Especies relacionadas editar

A. dichotomum está moi relacionada con outras dúas especies, A. pillansii e A. ramosissimum, que viven nas mesmas zonas áridas do Richtersveld e no deserto de Namibia na zona da fronteira entre Suráfrica e Namibia. Ás tres especies déronlles diferentes cualificacións na Lista de especies ameazadas da IUCN: 'vulnerable' para A. dichotomum, 'en perigo crítico' para A. pillansii e 'en perigo' para A. ramossisimum.

As tres especies poden distinguirse por algunhas características ben aparentes. En A. pillansii, as inflorescencias colgan por debaixo das follas máis baixas, en vez de creceren ergueitas. A. ramosissimum é considerablemetne máis pequena, chegando dificilmente a máis de 2 m de altura, polo que ten aspecto de arbusto. Aínda que hai unha gradación entre a forma arbórea de A. dichotomum e a arbustiva de A. ramosissimum, a relativamente peculiar poboación de A. pillansii está separada polo seu diferente tempo de floración, polo que non se hibrida coas outras dúas especies.[3]

Distribución e conservación editar

Un dos poucos exemplos de bosque espontáneo de A. dichotomum é o Quiver Tree Forest, a uns 14 km ao norte de Keetmanshoop, en Namibia. Outro está localizado no Cabo Setentrional, Suráfrica, en Gannabos.

En gran parte da súa área de distribución este especie está en declive. A modelización da distribución de Aloidendron dichotomum en Suráfrica e Namibia contribuíu a comprender a necesidade de que haxa áreas protexidas en resposta ao cambio climático. Os declives desta especie nesas áreas foron confirmados recentemente por estudos de campo.[4]

Cultivo editar

Aloidendron dichotomum cultívase en áreas áridas de todo o mundo para crear paisaxe. A lenta velocidade de crecemento e a relativa rareza da planta fan que sexa bastatnte cara. Tamén é relativamente difícil facela crecer fóra do seu hábitat natural.

En cultivo require un solo de area mineral grosa extremadamente ben drenado (preferiblemente con algo de marga e fariña de ósos para mantela activa e en crecemento), clima solleiro, boa aireación e moi pouca auga, principalmente en inverno (como ocorre nos desertos con chuvias de inverno). Nos raros casos en que está pouco regada, as follas enróscanse e empezan a morrer polas puntas; isto non é letal para a planta, mais indica que está relativamente seca.

É bastante proclive a sufrir infestacións de áfidos e outros insectos entre as follas e isto acentúase cando non está a pleno sol e exposta a un movemento de aire fresco constante. As plantas mantidas en interiores requiren frecuentes tratamentos contra estas pragas. Ás veces engádese funxicida para protexela da podremia.

Pode propagarse por semente e (con máis dificultade) por gallos ou estacas. Os gallos deben ser secados completamente durante varias semanas nunha zona sombreada antes de plantalos.[5]

En películas editar

A árbore aparece na película de Stanley Kubrick "2001: A Space Odissey".[6]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Aloidendron dichotomum". World Checklist of Selected Plant Families. Royal Botanic Gardens, Kew. Consultado o 16 October 2017. 
  2. https://www.biotaxa.org/Phytotaxa/article/view/phytotaxa.76.1.2
  3. Court, D. (2010). Succulent Flora of Southern Africa. Cape Town: Struik Nature. ISBN 978-1-77007-587-0. 
  4. Foden, Wendy; Midgley, Guy F.; Hughes, Greg; Bond, William J.; Thuiller, Wilfried; Hoffman, M. Timm; Kaleme, Prince; Underhill, Les G.; et al. (2007). "A changing climate is eroding the geographical range of the Namib Desert tree Aloe through population declines and dispersal lags" (PDF). Diversity and Distributions 13 (5): 645–653. doi:10.1111/j.1472-4642.2007.00391.x. Consultado o 16 July 2011. 
  5. "Aloe dichotoma". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2020. Consultado o 26 September 2016. 
  6. Space Odyssey: Stanley Kubrick, Arthur C. Clarke, and the Making of a Masterpiece. (2018) p. 277. http://www.simonandschuster.com/books/Space-Odyssey/Michael-Benson/9781501163937

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar