Almacén de datos

No contexto da informática, un almacén de datos (do inglés data warehouse) é unha colección de datos orientada a un determinado ámbito (empresa, organización etc.), integrado, non volátil e variable no tempo, que axuda á toma de decisións na entidade na que se utiliza. Úsase para reportaxes e análises de datos e considérase un compoñente meollo da intelixencia empresarial.[1] Trátase, sobre todo, dun expediente completo dunha organización, máis aló da información transaccional e operacional, almacenado nunha base de datos deseñada para favorecer a análise e a divulgación eficiente de datos (especialmente OLAP, procesamento analítico en liña). O almacenamento dos datos non debe usarse con datos de uso actual. Os almacéns de datos conteñen a miúdo grandes cantidades de información que se subdividen ás veces en unidades lóxicas máis pequenas dependendo do subsistema da entidade do que procedan ou para o que sexan necesario.

Descrición dun Data Warehouse.

Data marts editar

Os Data marts son subconxuntos de datos dun data warehouse para áreas específicas.

Entre as características dun data mart destacan:

  • Usuarios limitados.
  • Área específica.
  • Ten un propósito específico.
  • Ten unha función de apoio.

Vantaxes e inconvenientes dos almacéns de datos editar

Vantaxes editar

Hai moitas vantaxes polas que é recomendable usar un almacén de datos. Algunhas delas son:

  • Os almacéns de datos fan máis fácil o acceso a unha gran variedade de datos aos usuarios finais
  • Facilitan o funcionamento das aplicacións dos sistemas de apoio á decisión tales como informes de tendencia, por exemplo: obter os ítems coa maioría das vendas nunha área en particular dentro dos últimos dous anos; informes de excepción, informes que mostran os resultados reais fronte aos obxectivos expostos a priori.
  • Os almacéns de datos poden traballar en conxunto e, por tanto, aumentar o valor operacional das aplicacións empresariais, en especial a xestión de relacións con clientes.

Inconvenientes editar

Utilizar almacéns de datos tamén expón algúns inconvenientes, algúns deles son:

  • Ao longo da súa vida os almacéns de datos poden supor altos custos. O almacén de datos non adoita ser estático. Os custos de mantemento son elevados.
  • Os almacéns de datos pódense quedar obsoletos relativamente pronto.
  • Ás veces, ante unha petición de información estes devolven unha información subóptima, que tamén supón unha perda para a organización.
  • A miúdo existe unha delgada liña entre os almacéns de datos e os sistemas operacionais. Hai que determinar que funcionalidades destes pódense aproveitar e cales se deben poñer en funcionamento no data warehouse, resultaría custoso poñer en funcionamento operacións non necesarias ou deixar de poñer en funcionamento algunha que si vaia a necesitarse.

Notas editar

  1. Dedić, N. and Stanier C., 2016., "An Evaluation of the Challenges of Multilingualism in Data Warehouse Development" in 18th International Conference on Enterprise Information Systems - ICEIS 2016, p. 196.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar