Allué é un lugar da provincia de Huesca, situado no concello de Sabiñánigo, na comarca do Alto Gállego, a uns 860 m de altitude.

Igrexa de San Xoán Bautista en Allué

Actualmente está despoboado. No ano 1940 contaba con 62 habitantes.

Patrimonio artístico editar

No lugar érguese unha igrexa, adicada a san Xoán Bautista, de estilo románico rural. Está datada século XII.

Festas editar

  • Festa maior: san Xoán.
  • Festa menor: san Miguel.