Allí abajo é unha serie de televisión española de comedia producida por Plano a plano para a canle Antena 3. A súa estrea foi o 7 de abril de 2015. Aínda que á temática da serie é similar á da exitosa película Ocho apellidos vascos, a idea orixinal da serie é anterior á película, tendo máis puntos en común coa francesa Bienvenue chez les Ch'tis.

Allí abajo
FormatoComedia
IntérpretesMaría León
Jon Plazaola
Mariano Peña
Ane Gabarain
Iker Galartza
Carmina Barrios
Gorka Aguinagalde
Carmen Frigolet
Óscar Terol
Antonia Gómez
Alazne Etxebarria
Alfonso Sánchez
Beatriz Cotobal
Mari Paz Sayago
Rocío García Molina
Salvador Reina
País de orixeEspaña España
Episodios13
Produción
Duración75 min. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeAntena 3 Antena 3
Primeiro episodio7 de abril de 2015
Derradeiro episodioactualidade
Na rede
http://www.antena3.com/series/alli-abajo/
IMDB: tt4092270 Twitter: AlliAbajo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

A serie xira en torno a Iñaki, un vasco de trinta anos que nunca saíu de Euskadi. Vive coa súa nai, Maritxu, a clásica matriarca vasca, absorbente e dominante, que ve a Iñaki como un neno eterno incapaz de funcionar pola súa conta na vida. O único intercambio afectivo que mantén Iñaki é cos seus amigos de toda a vida. No bar que rexenta Iñaki, herdado do seu defunto pai, traballa Nekane, unha camareira que está tolamente namorada del, pero que nunca llo dixo.

E mentres a vida de Iñaki transcorre pracidamente, un día vese obrigada a acompañar a súa nai a Sevilla nunha viaxe do Imserso, unha viaxe para a que non está preparado. Para Iñaki, nada volverá ser o mesmo unha vez estea atrapado... alí abaixo.

Personaxes editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar