Alicia Rodríguez Pérez
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Alicia Rodríguez Pérez, nada en Moaña en 1943, é unha mariscadora e activista social galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1943 (80/81 anos) Moaña, España |
Actividade | |
Ocupación | activista, mariscador(a) |
Traxectoria
editarComezou a traballar ós 12 anos nunha fábrica de salgados, despois noutra de conservas, ela sempre quixo adicarse ó marisqueo tal como viña facendo a súa nai e seus irmáns. Naqueles tempos o colectivo de mariscadoras aínda non estaba organizado como tal, polo que decidiron formar a Asociación de Mariscadoras de Moaña na procura da posta en valor da súa profesión e os dereitos laborais, como o recoñecemento das enfermidades profesionais, o acceso á seguridade social e o dereito a unha pensión de xubilación. Alicia Rodríguez chegou a ser presidenta da Asociación de Mariscadoras de Moaña durante 30 anos ata a súa xubilación.
Hoxe en día a actividade mariscadora ten sufrido un grande cambio, tanto na forma na que se exerce a extracción, con vedas para coidar o recurso, control de zonas de sobreexplotación, realización de sementeiras; como o actual recoñecemento do marisqueo como unha profesión. Casada e con catro fillos tivo que compatibilizar a súa profesión coa súa dedicación ó coidado da súa familia que recaía case que totalmente nas súas costas.
Na actualidade, contratada pola Confraría dedícase ó control de talles e pesos na lonxa, así como a organización dos días de capturas e zonas de traballo en colaboración coa Asociación de Mariscadoras.
Recoñecementos
editarRecolleu en nome de tódalas mariscadoras a medalla concedida pola Xunta de Galicia polo seu traballo e como recoñecemento de tódolos anos de loita polos dereitos da súa profesión.
En 2015 foi condecorada polo rei Filipe VI coa Orde ó Mérito Civil pola súa vida dedicada á profesionalización do traballo das mulleres no marisqueo a pé, destacando como “traballadora infatigable durante toda unha vida na que, con tenacidade, fortaleza e claridade de ideas, contribuíu e continúa contribuíndo decisivamente á dignificación e á consideración profesional da actividade mariscadora. Igualmente, a súa aportación foi indubidable na igualación profesional das mulleres e os homes do mar”.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- [1] Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- [2] Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine.