Alfredo Vázquez Jiménez

regatista galego

Alfredo Vázquez Jiménez, nado en Vigo o 24 de abril de 1963, é un ex-regatista galego. Participou na proba da clase soling dos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, xunto ao entón príncipe de Asturias Felipe de Borbón, e con Fernando León de temoneiro, obtendo a sexta praza e con ela un diploma olímpico.

Alfredo Vázquez Jiménez
Nacemento24 de abril de 1963
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónregatista
editar datos en Wikidata ]
A cidade de Vigo ós seus atletas.[1]

Traxectoria editar

Comezou xogando ao voleibol no Club Vigo, antes de pasar a practicar vela no Real Club Náutico da mesma cidade.[2] A finais dos anos 80 formou equipo con Filipe de Borbón, naquel entón príncipe de Asturias, e con Fernando León, logrando a clasificación para os Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, na clase soling.

Foi o primeiro regatista galego nuns Xogos Olímpicos, dos que regresou cun diploma olímpico ao quedar o equipo español na sexta praza.[3] Ao ano seguinte foi campión de España da clase laser.[4]

Notas editar

  1. "Vigo rende homenaxe aos seus olímpicos e paralímpicos cun monumento". VigoÉ. 13/10/2016. 
  2. "El olímpico vigués más real" (en castelán). 17 de maio de 2021. Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  3. "Soling nos Xogos Olímpicos de 1992". Comité Olímpico Internacional (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2021. 
  4. "Alfredo Vázquez, campeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de outubro de 1993. p. 50. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar