Alfredo Gil
cantante mexicano
Alfredo Bojalil Gil, tamén coñecido artisticamente como El Güero Gil (o Louro), nado en Teziutlán, Puebla, o 5 de agosto de 1915 e finado en México D.F. o 10 de outubro de 1999, foi o creador e fundador principal do trío Los Panchos.
Alfredo Gil | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de agosto de 1915 |
Lugar de nacemento | Estado de Puebla |
Falecemento | 10 de outubro de 1999 |
Lugar de falecemento | Cidade de México |
Nacionalidade | México |
Ocupación | cantante e compositor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Tocaba o requinto e facía a terceira voz dende a formación do grupo en 1944 até 1981. O requinto, foi creado por el ante a necesidade de reforzar as introducións e as pasaxes sen voz das cancións; afinado unha cuarta máis alta que a guitarra normal. Aseméllase a unha guitarra pequena pero cun son máis agudo, dando un excelente efecto e son musical ás interpretacións.
Éxitos da súa autoría Editar
- Hija de la mala vida
- Basura
- Tu ausencia
- Solo
- Cien mujeres
- Castígame, Dios
- No trates de mentir
- Ni que si, ni quizás, ni que no
- Un siglo de ausencia
- Ya es muy tarde
- Lodo