Abrir o menú principal

Alfredo Garasini

futbolista arxentino

Alfredo Garasini, nado en 1897 en Buenos Aires e finado o 6 de xaneiro de 1950 foi un futbolista e adestrador arxentino que xogaba na demarcación de dianteiro.

Garasini
Garasini dt.jpg
Información persoal
Nome completo Alfredo Garasini
Nacemento 1887
  Buenos Aires
Falecemento 6 de xaneiro de 1950
  Santa Fe, Arxentina
Nacionalidade Arxentina
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Boca Juniors
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1916-1921 Boca Juniors
1921-1922 Deportivo Norte
1922-1928 Boca Juniors
Selección nacional
1924-1925 Selección de fútbol da Arxentina 2 (1)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Formado nas categorías inferiores de Boca Juniors, debutando co primeiro equipo o 1 de xuño de 1916. Militou no club un total de 12 tempadas como xogador e 4 como adestrador, case toda a súa carreira futbolística, exceptuando un ano que xogou no Deportivo Norte a causa de problemas coa directiva de Boca e o 29 de xuño de 1920 que xogou para River Plate na Copa Competencia fronte a Atlanta.

Á parte das labores de xogador e adestrador a súa vinculación con Boca foi máis aló, xa que, amais de xogar en tódalas posicións do campo (incluíndo a de gardameta suplindo a Tesorieri), tamén foi masaxista e xuíz de liña, na época en que tódolos clubs achegaban un á competición.

Formou parte da famosa xira que o equipo xeneize realizou por Europa en 1925.

Coa selección de fútbolEditar

Debutou coa Selección de fútbol da Arxentina o 25 de outubro de 1924 ante Chile. Tamén xogaría un segundo encontro o 13 de decembro de 1925 ante o Brasil, ante quen anotou un gol.

Como AdestradorEditar

Unha vez retirado do fútbol en activo foi adestrador de Boca Juniors entre 1943 e 1945, obtendo dous campionatos arxentinos, en 1943 e 1944.

Faleceu formando parte do corpo técnico do club na cidade de Santa Fe, a onde se trasladou xunto ao equipo para xogar un amigábel ante Colón de Santa Fé.

PalmarésEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Estatísticas do xogador