Alfredo Bermúdez de Castro del Río
político galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alfredo Bermúdez de Castro.
Alfredo Bermúdez de Castro del Río (Coruña, o 31 de agosto de 1849[1] - Coruña, o 22 de maio de 1920)[2], foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Alfredo Ramón María de los Dolores Manuel Bermúdez de Castro y del Río 31 de agosto de 1849 A Coruña, España |
Morte | 22 de maio de 1920 (70 anos) A Coruña, España |
Alcalde da Coruña | |
xullo de 1897 – novembro de 1897 ← Luis Argudín Bolívar – Fermín Casares Teijeiro → | |
Actividade | |
Ocupación | xurista, avogado, político |
Traxectoria
editarFoi concelleiro na Coruña dende 1883. Foi nomeado alcalde da Coruña en xullo de 1897, dimitiu en novembro dese ano. Tamén foi deputado provincial. Posteriormente integrouse no maurismo e foi vicepresidente do Centro maurista da Coruña e fundador do Patronato Católico de Obreros. Foi presidente da Comisión provincial da Cruz Vermella da Coruña.[3]
Vida persoal
editarCasou con Isabel Plá.
Notas
editar- ↑ Carlos de Odriozola Rico-Avello. Los Aldao, Bermúdez de Aldao y Bermúdez de Castro, señores de la fortaleza de Gondar: Don Alfredo Ramón María de los Dolores Manuel Bermúdez de Castro y del Río[Ligazón morta]. Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. Issn 1133-1240, Núm. 9, 2005-2006, páx. 177
- ↑ Necrolóxica en El Orzán, 23-5-1920, p. 3.
- ↑ Necrolóxica en El Ideal Gallego, 23-5-1920, p. 1.
Predecesor: Luis Argudín Bolívar |
Alcalde da Coruña 1897 |
Sucesor: Fermín Casares Teijeiro |