Alfonso Parada
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2014.) |
Alfonso Parada Ulloa, nado en Melide en 1936 e finado en Gasteiz o 9 de maio de 1998, foi un garda civil galego asasinado por persoas vinculadas a ETA.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alfonso Parada Ulloa 1936 Melide, España |
Morte | 8 de maio de 1998 (61/62 anos) Vitoria, España |
Causa da morte | homicidio |
Actividade | |
Ocupación | garda civil (1976–1998) |
Membro de | |
Premios | |
Real Orde de Recoñecemento Civil ás Vítimas do Terrorismo | |
Traxectoria
editarIngresou na Garda Civil e en 1976 foi trasladado ao País Vasco. Alí participou nun tiroteo con membros de ETA e pasou a formar parte das listas de ameazados por ETA. Nos últimos anos da súa carreira foi destinado á unidade de intervención de armas da Garda Civil en Gasteiz. O 8 de maio de 1998, ao volver de comprar o pan foi asaltado por un grupo de persoas que lle dispararon nas tempas. Faleceu no hospital ao día seguinte.
A seguir do seu asasinato convocouse unha manifestación en Vitoria. Semanas despois asinábase o Pacto de Lizarra e convocábase unha tregua por parte de ETA, a de 1998. Tres persoas foron detidas meses máis tarde por este asasinato e condenadas a 29 anos de cárcere cada un.
Hai unha praza en Gasteiz que leva o seu nome.