Alfonso Couce Doce

político galego

José Alfonso Couce Doce, nado en Ferrol en 1928 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 2015, foi un forense e político galego.[1][2]

Alfonso Couce Doce
Nacemento1928
 Ferrol
Falecemento1 de setembro de 2015
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Médico forense de profesión, xa durante a ditadura franquista foi concelleiro do Concello de Ferrol. Nas eleccións municipais de 1987 foi cabeza de lista de Alianza Popular en Ferrol e fíxose coa alcaldía, con Arsenio Fernández de Mesa como primeiro tenente alcalde. Porén, o 8 de setembro de 1989 unha moción de censura apoiada polo PSOE, Izquierda Unida, un concelleiro do CDS e outro concelleiro tránsfuga popular arrebatoulle o cargo e pasou a ser alcalde o seu curmán, o socialista Manuel Couce Pereiro. O 18 de abril de 2000 recibiu unha encomenda de prata da Orden Civil de Sanidad. Faleceu en Ferrol o 1 de setembro de 2015 aos 87 anos.[1][2][3][4]


Predecesor:
Xaime Quintanilla Ulla
  
alcalde de Ferrol
 
1987 - 1989
Sucesor:
Manuel Couce Pereiro

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar