Alfabeto semáforo

O semáforo ou alfabeto semáforo é un sistema de comunicación no que se utiliza a posición dos brazos para representar cada letra do alfabeto, incluído no código internacional de sinais da Organización Marítima Internacional.[1] É un sistema para usar de día, xa que se utilizan bandeiras para identificar claramente a posición dos brazos (para comunicación nocturna é preferible empregar fachos no canto de bandeiriñas ou utilizar o código morse cunha lanterna ou outra fonte de luz).

Un membro da Armada dos Estados Unidos sinalando a letra U usando a linguaxe semáforo.

Orixinalmente creouse para representar o alfabeto inglés, polo que non inclúe caracteres non ingleses e até o día de hoxe non existe consenso sobre como facelo, o que deu pé a numerosas "solucións" que non foron aceptadas universalmente.

Alfabeto

editar

Un dos xeitos máis sinxelos de aprender o alfabeto semáforo é dividilo en catro seccións (ou "voltas", no entendido de que lembran as voltas das agullas do reloxo). A continuación, o alfabeto semáforo preséntase tal como o ve o suxeito que recibe a mensaxe, diferenciando cada "volta":

Posición de descanso 



Inician ou finalizan números 



Erro 



Cancelar 



Primeira volta

A / 1 



B / 2 



C / 3 / Recibido/Correcto 



D / 4 



E / 5 



F / 6 



G / 7 



Segunda volta

H / 8 



I / 9 



J / Inician ou finalizan letras 



K / Cero 



L 



M 



N 



Terceira volta

 

O
 

P
 

Q
 

R
 

S
 

T
 

U

Cuarta volta

V 



W 



X 



E 



Z 



Emisión e recepción de mensaxes

editar

Cando se transmite unha mensaxe, a posición de descanso só debe tomarse cando remate unha palabra. Dentro dunha palabra, un vai dunha letra a outra sen pasar pola posición de descanso, mantendo a letra durante 3 a 5 segundos. Para unha comunicación máis fluída entre o receptor e o emisor, recoméndase que estes sexan equipos de dúas persoas: un coas bandeiras ou fachos (encargada de emitir a mensaxe) e o outro cun caderno e lapis (para anotar a mensaxe recibida). Como no código morse, hai convencións para comezar e rematar unha mensaxe:

Signo Uso e significado
VE VE Atención (listo para iniciar mensaxe)
K Listo para recibir (resposta a "atención" se se está listo para recibir)
Q Esperar (resposta a "atención" se non se está listo para recibir)
EEEEEEEE (8 É) Erro (pode usarse en substitución do sinal incluído máis arriba)
A Entendido (usada para contestar todos os sinais se non se especifica o contrario)
AR AR Fin da mensaxe
A Mensaxe recibida (resposta a "fin da mensaxe")
editar
  • O logotipo usado como símbolo da paz foi creado a partir das letras N e D do alfabeto semáforo [2][3]
  • Nun principio o seu uso foi militar, pero forma tamén forma parte do adestramento dos adventistas desbravadores ou dos scouts tras ser incluído por Baden-Powell en Scouting for boys.
  1. ""El Código Internacional de Señales"" (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2020. 
  2. Ghafos (2018-01-29). "GHAFOS - EDNL CEIP CAMPOLONGO: Un dos símbolos da Paz". GHAFOS - EDNL CEIP CAMPOLONGO. Consultado o 2022-04-19. 
  3. "¿Qué es el símbolo de la Paz?". logogratis.com/blog/simbolo-de-la-paz-que-es/ (en castelán). 2019-08-07. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2022. Consultado o 2022-04-19. 

Véxase tamén

editar