Alex Renfroe

baloncestista estadounidense

Gregory Alexander Renfroe, nado o 23 de maio de 1986 en Hermitage, Tennessee, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense con pasaporte bosníaco que xoga para o Covirán Granada da Liga ACB. Cunha estatura de 1,91 metros xoga na posición de base.

Alex Renfroe
Covirán Granada  – No. 12
Información persoal
Nacemento 23 de maio de 1986 (37 anos)
Hermitage, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 80 kg (176 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Hume-Fogg (Nashville, Tennessee)
Universidade Trevecca Nazarene (2004–2006)
Belmont (2007–2009)
Carreira 2009−presente
Historial de equipos
VEF Rīga (2009–2010)
KK Zagreb (2010–2011)
New Basket Brindisi (2011–2012)
CB Valladolid (2012–2013)
Brose Baskets (2013)
Yenisey Krasnoyarsk (2013–2014)
Laboral Kutxa (2014)
Alba Berlin (2014–2015)
FC Bayern München (2015−2016)
FC Barcelona (2016−2017)
Galatasaray (2017−2018)
Bàsquet Manresa (2018−2019)
Zenit San Petersburgo (2019−2020)
San Pablo Burgos (2020−2021)
Leones de Ponce (2021)
San Pablo Burgos (2021−2022)
Fundación CB Granada (2022−presente)

Traxectoria editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2009, o 11 de xullo de 2009 Renfroe asinou o seu primeiro contrato profesional co VEF Rīga letón para a tempada 2009-10.[1] En agosto de 2010, asinou co KK Zagreb croata para a tempada 2010-11.[2] O 18 de xullo de 2011, asinou por unha tempada co New Basket Brindisi da Legadue italiana.[3] O 24 de setembro de 2012, asinou por unha tempada co CB Valladolid da Liga ACB.[4] En febreiro de 2013 deixou o Valladolid e asinou polo Brose Baskets alemán para o resto da tempada.[5]

O 21 de agosto de 2013, fichou polo Yenisey Krasnoyarsk ruso.[6] O 12 de maio de 2014, asinou co Laboral Kutxa da Liga ACB para o resto da tempada 2013-14.[7] O 24 de setembro de 2014, Renfroe asinou un contrato de catro meses co Alba Berlin.[8] O 30 de xaneiro de 2015, asinou unha extensión de contrato co equipo ata xuño de 2015.[9] O 28 de xuño de 2015, asinou un contrato de dous anos co Bayern München.[10] O 18 de xullo de 2018, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada co Bàsquet Manresa, ascendido á Liga ACB ese mesmo ano.[11] O 3 de xullo de 2020, Renfroe asinou co San Pablo Burgos da Liga ACB.[12]

O 24 de agosto de 2022, Renfroe asinou co Fundación CB Granada, acabado de ascender á Liga ACB.[13]

Notas editar

  1. "VEF Riga inks Renfroe". Sportando.com. 11 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  2. "KK Zagreb inks Alex Renfroe and Mario Kasun". Sportando.com. 13 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  3. "Enel Brindisi lands Alex Renfroe". Sportando.com. 18 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  4. "CB Valladolid officially signs Alex Renfroe". Sportando.com. 24 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  5. "Bamberg officially signs Alex Renfroe". Sportando.com. 27 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  6. "Alex Renfroe signs with Enisey Krasnoyarsk". Sportando.com. 21 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  7. "Laboral Kutxa se refuerza hasta final de temporada con el base Alex Renfroe". Baskonia.com. 12 de maio de 2014. Consultado o 13 de maio de 2014. 
  8. "Alba Berlin signs big man Banic, guard Renfroe". Euroleague.net. 24 de setembro de 2014. Consultado o 24 de setembro de 2014. 
  9. "Alba Berlin signs Alex Renfroe to a contract extension till June". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  10. "Alex Renfroe signs a two-year deal with Bayern Munich". Sportando.com. 28 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o 28 de xuño de 2015. 
  11. El BAXI Manresa tiene un nuevo director de juego: Alex Renfroe
  12. Alex Renfroe, experiencia para el timón de San Pablo Burgos
  13. "Alex Renfroe, anotación y polivalencia para el Coviran Granada". ACB.com. 24 de agosto de 2022. Consultado o 25 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar